Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Arzúa estrea área de descanso na Fervenza das Hortas

A concellería de turismo de Arzúa impulsou esta mellora para a Fervenza das Hortas, situada na parroquia de Dombodán.

arzua fervenza das hortas 16 xaneiro 2026 (1)

Arzúa ven de rematar unha importante reforma que pon en valor un dos seus espazos máis emblemáticos, a Fervenza das Hortas, Situada na parroquia de Dombodán, contou cunha subvención da Axencia de Turismo de Galicia de 30.000 euros que se completaron, ata os 37.772,79 euros totais, con recursos propios.

A actuación permitiu mellorar de maneira notable a baixada á Fervenza, incorporando un espazo de descanso, aparcadoiro, novo mobiliario, plantación de árbores e unha mellora xeral dos accesos. A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destacou a importancia desta intervención para o futuro turístico do municipio. “Con esta actuación damos un paso máis na posta en valor dos nosos espazos naturais, facéndoos máis accesibles, seguros e atractivos tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan”, sinalou.

Balado subliñou tamén que “a Fervenza das Hortas é un enclave de gran beleza natural que merecía unha mellora destas características, sempre desde o respecto ao entorno e apostando por un modelo de turismo verde e sostible”.

Tamén puxo en valor o traballo técnico realizado: “Conseguimos esta subvención grazas a presentar un proxecto completo, ben fundamentado e cunha tramitación áxil, o que demostra a eficacia do traballo que se está a facer desde o Concello”. Desde o goberno local destacan que esta intervención permitirá seguir reforzando a oferta de turismo de natureza en Arzúa, mellorando a experiencia das persoas visitantes e contribuíndo á conservación e desfrute responsable dun dos espazos naturais máis singulares do municipio.

Post navigation

Previous: Boqueixón mellora o punto limpo de Sergude
Next: Compostela presenta a súa visión do Ensanche do futuro

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.