займ срочно

Cativos de Arzúa coidarán do “O horto da inclusión”

0

Arzúa, 9 de marzo do 2022 – Os estudantes do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa desenvolven o proxecto “O horto da inclusión” ata finais do 2023.

Durante os vindeiros meses os cativos converteranse en agricultores. A idea principal do “O horto da inclusión” é compartir sementes das diferentes rexións e países nos que se desenvolve o proxecto. Outro dos obxectivos é a creación de lazos de colaboración coa comunidade onde está inmerso cada centro fomentando a convivencia e a solidariedade.

Un “O horto da inclusión” internacional

“O horto da inclusión” está dentro dunha iniciativa denominada Erasmus Internacional. Despois de realizar a solicitude para a participación no programa europeo INCOFASE os colexios seleccionados corresponden a Turquía, Romanía, Bulgaria, Portugal, Italia e España. Será coa mobilidade do profesorado como eixo para vertebrar o proxecto.

Cada un dos grupos terá unha función específica dentro do proxecto para posteriormente compartir o aprendido e xeneralizar as aprendizaxes teórico-prácticas adquiridas. Tres grupos compoñen o proxecto onde se colaboran e cooperan alumnos das tres etapas educativas (infantil, primaria e secundaria).

O primeiro deles traballa  na creación de toda a infraestrutura: macetas, sistemas de regadío e recursos necesarios. O segundo grupo prepara os procedementos para a plantación, selección de plantas, crecemento, calendarios de recolección, etc. Por último, o terceiro grupo traballa na globalización e integración cos demais centros participantes no programa, búsqueda de información de festas e gastronomía asociada ás plantas e comunicación dos coñecementos creados.

Como grupo adicional, o equipo de prensa é o encargado do blog e as diferentes notas de prensa para informar dos avances do proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies