Bisbarra, 20 de decembro do 2023 – Este martes era presentado o cartel da 49.ª Festa do queixo de Arzúa, creado pola deseñadora romanesa Andreea Birsanu.
O cartel da edición 2024 da Festa do Queixo quere darlle protagonismo ao queixo, á natureza e ás queixeiras. A imaxe representa unha muller nova e apoderada ligada ao rural. Entre os elementos naturais hai plantas ligadas ao pasto e polo tanto ao queixo, poñendo o foco no contorno e na materia prima.
A autora, Andreea Birsanu (Romania, 1998), de nome artístico Silvatiica, é unha artista autodidacta e multidisciplinar coñecida polos seus collages cheos de natureza e simbolismo. Arzuá dende o 2005, estudou e criouse no concello. Comezou no 2014 e 2015 participando na exposición de artistas locais e dende o 2020 colabora coas exposicións “Bo camiño” e “Arte na Rúa” entre outras. No seu traballo destaca a importancia da natureza e do rural, da muller e do feminismo, da lingua e da terra.
A 49.ª Festa do queixo celebrarase como cada ano a primeira fin de semana de marzo, cadrando esta edición o venres 1, sábado do 2 e domingo 3. A organización ten previsto anunciar nas próximas semanas un avance dos artistas que formarán parte do festival do queixo, as noites do sábado e domingo.
Por outra banda a cita gastronómica e musical xa ten aberto o concurso queixo maquetón, que vai pola 15.ª edición, e que determinará o grupo que abre a parte musical do evento, así como o prazo para a inscrición de expositores, tanto queixerías como outros produtos, desde o 20 de decembro ata o 15 de xaneiro. No acto, estiveron presentes arroupando á autora os concelleiros do goberno municipal (de esquerda a dereita): Begoña Balado, José Luís García, Daniel Moscoso, Luzía López e Miguel Vallo.