Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

50.º aniversario da Festa do queixo de Arzúa

arzua cartel queixo slide

Bisbarra, 19 de decembro do 2024 – O concello presentou a imaxe gráfica do 50.º aniversario da Festa do queixo de Arzúa.

Un cartel que foi definido como un tributo visual ás queixeiras, aos visitantes, as traballadoras e traballadores e ao pasado, e presente e futuro da Festa do queixo e a súa tradición. A muller queixeira como simbolismo, tradición e esforzo. 

O lugar elixido para a presentación foi a Queixería Barral. Os carteis están elaborados cunha técnica de ilustración que utiliza unha paleta de cores vivas, renden homenaxe ás mulleres queixeiras e a todas as persoas que, desde as súas orixes, traballaron pola festa e o recoñecemento do queixo de Arzúa ou participaron dela.

O deseñador, Daniel Camino, explica que o cartel principal destaca a figura feminina da queixeira, vestida con traxe tradicional e portando un queixo que simboliza o esforzo, a dedicación e o orgullo destas mulleres que foron fundamentais na historia da festa.

Un elemento común en todos os carteis é un círculo que aparece no fondo, evocando tanto ao sol como ao queixo. Este círculo non só representa a enerxía vital que se transmite na festa, senón que tamén é unha homenaxe aos fundadores e a todas as persoas que fixeron posible que a Festa do Queixo perdurase durante medio século.

A inspiración visual dos carteis provén da obra de recoñecidos artistas galegos como Luis Seoane, Maruxa Mallo e Xosé Vizoso, cuxas influencias se reflicten no uso de cores brillantes e trazos marcados que evocan o dinamismo e a riqueza cultural de Galicia.

A tipografía seleccionada tamén se basea no legado das letras galegas tradicionais, lembrando os trazos de Castelao, a forza gráfica de Sargadelos de Díaz Pardo e o deseño contemporáneo de Rubén Prol, fusionando o pasado e o presente nun estilo visual único e contemporáneo.

Cada un dos cinco carteis honra a diferentes grupos da comunidade: as produtoras de queixo, as artistas, os visitantes, as traballadoras e os traballadores, e as xeracións que foron parte activa da celebración. Con estes carteis, o Concello de Arzúa quere transmitir unha mensaxe de respecto pola tradición, a cultura e o esforzo colectivo que converteu á Festa do queixo nunha das festividades máis importantes de Galicia.

Post navigation

Previous: XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro
Next: Xestionar a auga de Brión custará máis de 13 millóns de euros

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.