Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Músicas na linde
  • Ribeira

Artes, en Ribeira, acollerá o Bruón Folk Fest

Cartel do Bruón Folk Fest

Cartel do Bruón Folk Fest

Ribeira, 23/04/2026 — Artes converterase en epicentro do folclore galego co Bruón Folk Fest que se celebrará do 8 ao 9 de maio, a carón do centro recreativo da parroquia ribeirense.

O Bruón Folk nace das foliadas que se celebraban na parroquia. Toma como referencia a lenda que narra que, ao pobo asolagado baixo a lagoa de Carregal, entre Artes e Olveira, sobreviviu un boi que é, en realidade, un mouro encantado, ao que aínda se pode escoitar bruar pola contorna.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, explica que “O Bruón Folk Fest pon o foco na música e baile tradicional galego, descentralizando a actividade do centro neurálxico do municipio para levalo tamén ás parroquias”.

Engade que “Artes volverá facer honor ao seu nome ao longo de dúas xornadas onde o noso folclore será o gran protagonista, pero onde tamén haberá oco para mesa redonda, parladoiro, obradoiro, demostracións de artesanía e moito máis”.

Nesta terceira edición, tamén estarán presentes figuras de renome como Mondra e Luis Prego. Tamén tomou a palabra o secretario da Asociación Cultural Os Liantes, Ventura Otero, para debullar o contido do cartel, quen estaba xunto ao presidente da entidade, Pablo Silva, e a vogal, María Cortés.

A programación da terceira edición do Bruón Folk Fest concentrarase en dúas xornadas. O 8 de maio terá lugar unha mesa redonda con Nel Vidal, Mateo Vázquez e Alicia Padín, ás 20.30 horas, sobre o eco das crónicas e do bronce, letras e sons que transmiten e comunican coa súa propia linguaxe.

A noite estará amenizada por Liantes e amigos, e, como broche de ouro a este primeiro día, o rito da queimada fundirase coa enerxía do grupo ourensán Five Pipers. Nesta xornada tamén se estreará a feira; un escaparate de pezas de coiro, madeira e ilustración galega.

O groso das actividades terá lugar no sábado, 9 de maio, ao longo de todo o día. Para o público infantil e familiar proxéctase o Bruonciño, ás 11.00 horas, cun espazo dedicado en exclusiva aos máis pequenos; parladoiro con Mondra, ás 12.30 horas; os espectáculos de Ce Pantasma, ás 13.30 e 18.30 horas; a actuación de Pakolas, ás 16.00 horas; e un taller pedagóxico con Paula Pérez, ás 17.00 horas, onde se unen creatividade e inclusión para aprender a través do xogo.

Post navigation

Previous: Piden que as parcelas non vendidas de Ames se destinen a vivenda pública
Next: Posta en valor das cabeceiras do río Xallas

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.