Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Arroz con nome propio no Café de Altamira

Un dos momentos da deustación de arroz de Valencia no Café de Altamira

Compostela, 27/03/2026 – O Pasado martes tivemos a sorte de participar nunha degustación de arroces con denominación de orixe, D.O., que acercan estes días o sabor da Albufera valenciana a Compostela.

O Café de Altamira organiza unhas xornadas ata o vindeiro día 29 nas que, ao mediodía, calquera poderá degustar o sabor tan particular da D.O.de Valencia. Un produto único, cultivado nun humidal tan especial como a Albufera.

Na degustación os xornalistas puidemos escoitar as explicacións de todo un referente como é Santos Ruiz, xerente da D.O. e cunha traxectoria vinculada ao produto que o levou a participar en foros como Madrid Fusión, colaborar en publicacións especializadas, e converterse nun dos mellores divulgadores do arroz de Valencia.

Falamos con el ao remata da degustación e comezamos preguntado pola D.O. e polo momento que vive, unha denominación que crece anualmente o que da idea do bo momento polo que pasa.

Hai unha parte medioambiental de extrema importancia. Un arroz cultivado nun humidal como a Albufera vive tamén en constante risco polo cambio climático. Santos Ruiz recoñece que o estado é bo pero que faría falta máis auga.

Aproveitamos a preguntar polo papel das D.O. que é a veces motivo de debate. O produtor non sempre entende a importancia de distinguirse aínda que no caso de Valencia si se conseguiu. O experto cre que a D.O. nace para protexer ao consumidor e non para promocionar o produto.

Rematamos pedindo consello. Calquera que intentara facer unha paella sabe da complicación e a gran cantidade de variables que entran en xogo. O certo é que Santos Ruiz o que recomenda é practicar, practicar moito.

Ata o día 29, antes de meterse a facer unha paella en casa, poden probar as distintas versións que cociñan no Café de Altamira (no enlace podedes reservar e mirar todo o que ofrecen). En Lindeiros somos máis de contar a historia que de facer crítica que para iso xa hai expertos, o que podemos dicir é que estaban todos boísimos e que o trato foi do máis agradable, máis non se pode pedir.

Post navigation

Previous: Trazo aproba os orzamentos 2026
Next: A Deputación licita o último tramo da Vía Verde Compostela- Tambre-Lengüelle

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.