Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Arredor do Son II, máis alá de Curtocircuito

curtocircuito-arredor-do-son-slide-19-setembro-2018-(1)_r

Amanda Villavieja

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 19 de setembro do 2018 –  Curtocircuito presenta Arredor do Son II, o programa máis interdisciplinario do Festival de Curtas de Compostela.
    • Arredor do Son II: encontros, performances e formación
    • Amanda Villavieja e Jacob Kirkegaard
    • Playtronica

Compostela, 19 de setembro do 2018 –  Curtocircuito presenta Arredor do Son II, o programa máis interdisciplinario do Festival de Curtas de Compostela.

Arredor do Son é un conxunto de encontros, obradoiros e performances que xirarán arredor do son como forma de expresión e vía de coñecemento. Profesionais e artistas recoñecidos internacionalmente como Martin Messier, Jacob Kirkegaard, José Luis Espejo, Jessica Sarah Rinland, Amanda Villavieja, Charly Schmukler e o colectivo Playtronica formarán parte da programación desta edición. O edificio Obra Social Abanca situado na praza de Cervantes volverá ser a sede que aglutine a maior parte das actividades.

A segunda edición de este complemento do Curtocircuito centrase no binomio que forman a natureza e a tecnoloxía e na búsqueda de conexións entre dúas áreas a priori enfrontadas.Temas estes que estarán presentes tamén ao longo da programación cinematográfica do festival, que terá na etnografía experimental unha constante.

Nesta segunda entrega do programa, Arredor do Son volverá a reflexionar sobre a importancia deste medio fronte á imaxe no mundo do cinema, e tamén como linguaxe e vehículo de expresión noutras disciplinas. Para iso a dirección artística do festival levou a cabo, coa colaboración do artista sonoro e investigador galego Xoán-Xil López, unha escolma de propostas que achegarán ao público ao acto de escoitar. O prazo de inscrición nestas actividades abrirase nos próximos días a través da web do festival.

Amanda Villavieja

Arredor do Son II: encontros, performances e formación

 O artista canadiense Martin Messier traerá á inauguración de Curtocircuíto 2018, o 29 de setembro, a súa aclamada performance audiovisual FIELD. Nela, partindo dos sinais producidos polos campos electromagnéticos omnipresentes na nosa contorna, creará unha composición mediante a transformación destas emisións eléctricas facendo perceptible o que normalmente é imperceptible e invisible. As entradas para asistir á inauguración do festival poderán retirarse no despacho do billetes do Teatro Principal a partir do venres 21 de setembro ás 18h00.

Nos encontros de Arredor do Son II participará tamén o artista danés Jacob Kirkegaard, un dos máximos expoñentes da arte sonora actual, que centra a súa obra nos aspectos científicos e estéticos da percepción do son. Nas súas instalacións e performances utiliza unha coidada selección de paisaxes sonoras, como as vibracións subterráneas dun géyser ou os sons reverberantes das habitacións abandonadas en Chernobyl, coa finalidade de reflexionar sobre o delicado equilibrio do medioambiente. Curtocircuíto, achegarase a este enfoque coa súa conferencia A Matter of Sound e da performance/instalación MELT, na que parte de gravacións de campo dun glaciar para facernos conscientes do constante cambio da natureza e do efecto das accións humanas no mundo que nos rodea.

Nesta liña sitúase tamén a conferencia do investigador José Luis Espejo e a cineasta Jessica Sarah Rinland, que conversarán co público arredor do imaxinario visual e sonoro que acompaña a un animal mítico como é a balea. José Luis Espejo centrou as súas investigacións nas relacións que existen entre a arte e a cultura de escoita, un traballo que se manifesta no comisariado de exposicións ou nos múltiples radio-ensaios que levou a cabo para a radio do museo Reina Sofía. Pola súa banda, a balea é un animal que estivo sempre presente na filmografía de Jessica Sarah Rinland (a quen se dedica, ademais, a sección Púlsar en Curtocircuíto 2018), como un punto de partida que lle permite tratar cuestións vinculadas coa ecoloxía, a historia, a representación dos animais no cinema, o medioambiente ou os cambios culturais.

Jacob Kirkegaard

Amanda Villavieja e Jacob Kirkegaard

A parte máis formativa de Arredor do Son II correrá da conta de Amanda Villavieja e Charly Schmukler, dous referentes do son no cinema en España. Villavieja, que no obradoiro ‘Caligrafías sonoras. Distintos modos de representar o mundo’ partirá do reto de filmar a realidade para crear unha posta en escena sonora, é unha das máis destacadas sonidistas de directo do cinema de non-ficción e ten traballado con profesionais como Isaki Lacuesta, José Luis Guerín, Mercedes Álvarez ou Oliver Laxe. Pola súa banda, Schmukler, máis centrado no cinema de ficción industrial, será o protagonista dun obradoiro no que achegará aos asistentes ao deseño sonoro e á súa capacidade narrativa, tanto no ámbito do cinema coma no dos videoxogos. Na súa longa traxectoria profesional ten compartido traballo con creadores e creadoras como Oliver Stone, Benicio del Toro, Julio Medem, Isabel Coixet, Marcelo Piñeyro ou Alex de la Iglesia. Este seminario enmárcase na colaboración que Curtocircuíto repite con ECAM – Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid.

Playtronica

Para rematar, o colectivo Playtronica, que reúne artistas rusos e franceses, ofrecerá un dos pratos fortes do festival cun taller infantil, unha conferencia e as súas dúas performances: 16 Pineapples e Symphony for Urbanities. Playtronica buscan crear experiencias inmersivas nas que se funden o contacto físico, o son e a tecnoloxía, dotando aos obxectos cotiáns dunha nova identidade e convidándonos a explorar de forma creativa diferentes modos de relacionarnos co mundo que nos rodea.

O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que organiza o Concello de Santiago, subvenciona a Deputación da Coruña e conta coa colaboración da AGADIC, continuará a virar dende a curtametraxe cara contidos interdisciplinarios, afondando na fusión entre diferentes artes.

Post navigation

Previous: Charla sobre solo pélvico co CIM de Boqueixón
Next: O CGAC celebra o 25º aniversario con distintas actividades

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.