займ срочно

O Arquivo Histórico Universitario móstrase na Crónica dunha custodia

0

Compostela, 27 de abril do 2022 – A USC inaugura unha mostra sobre o seu arquivo baixo o nome “Arquivo Histórico Universitario. Crónica dunha custodia”.

Na capela do Colexio de Fonseca O Arquivo Histórico Universitario da a coñecer a súa propia e extensa historia, tan vinculada á da Universidade da que emana o rico patrimonio documental que acolle, xestiona e conserva.

A mostra poderase ver desde as sete da tarde hoxe e está comisariada pola directora do Arquivo Histórico Universitario, Desirée Domínguez Pallas, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Lindeiros entrevistou á directora do arquivo en xuño pasado nunha conversa que podes escoitar aqui

Mediante o percorrido cronolóxico que se propón a partir dos principais fitos históricos que repercutiron, dun xeito ou doutro, na súa xénese e evolución, pretende amosar tamén o proceso de conformación do seu corpus documental ao longo do tempo. 

Unha das salas de traballo do Arquivo Universitario

Para ilustrar estes feitos, amosará a documentación máis representativa, con valor histórico ou aquela que aporta información curiosa ou descoñecida, ademais de expoñer unha selección das súas xoias documentais que, por primeira vez, sairán dos depósitos do arquivo para que poidan ser contempladas publicamente.

Finalmente, estará tamén presente a dimensión humana desta custodia, isto é, a documentación relativa a aquelas persoas vinculadas ou responsables do arquivo nas distintas épocas, reflexo, así mesmo, da propia evolución da figura do arquiveiro ata o seu recoñecemento como profesión coa creación da especialidade a mediados do século XIX.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies