Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Noia
  • Xeral

O Xulgado de Noia arquiva a denuncia da mineira de San Finx contra Ecoloxistas en acción

A xuíza instrutora da denuncia presentada por Tungsten San Finx contra Ecoloxistas en acción non ven indicios de delito e arquiva a causa.
ecoloxistas-paralizan-mina-san-finx-slide-14-xullo-2023-(3)_r

Bisbarra, 9 de outubro do 2023 – A xuíza instrutora da denuncia presentada por Tungsten San Finx contra Ecoloxistas en acción non ven indicios de delito e arquiva a causa.

A denuncia da mineira de San Finx baseábase nunha acción de protesta realizada polo grupo ecoloxista o pasado mes de xullo. Responsables da empresa tiveron que pasar polo xulgado a pasada semana para ratificar a denuncia e tras a súa declaración a xuíza decidiu sobreser o caso.

Tanto a Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx como Ecoloxistas en Acción insistiran desde un inicio que se trataba dunha denuncia falsa e infundada con afán intimidatorio, coa que a mineira pretendía silenciar as protestas como parte dunha campaña de acoso xudicial.

Ante as preguntas da xuíza e do avogado de Ecoloxistas, Juan Manuel López Rubio, o representante da empresa de San Finx tivo que acabar recoñecendo que na acción de protesta non se producira ningún tipo de dano material e que, por tanto, non cabía reclamar indemnización algunha. Mesmo así, a empresa negouse a retirar a denuncia como lle esixiu o letrado da defensa.

Esta non é a primeira vez que Tungsten San Finx interpón denuncias falsas contra organizacións ecoloxistas, pois xa en 2017 tentara intimidar a outros colectivos ambientais que expuxeran irregularidades da empresa mineira. En aquila ocasión as dilixencias tamén foron arquivadas. Idéntico resultado tivo outra denuncia presentada o ano pasado por outra empresa do mesmo grupo que controla a mina de Varilongo, en Santa Comba.

O uso sistemático e abusivo das denuncias como estratexia para amedrentar fixo con que Ecoloxistas presentara queixa ante a Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, que abriu unha investigación ao respecto e que xa foi posta en coñecemento da Embaixada de España ante a ONU en Xenebra.

Post navigation

Previous: Pleno extraordinario en Silleda para investir un millón de euros na praza de Bandeira
Next: Frades organiza a andaina solidaria “A Ilusión de Sergio”

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.