Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Arelas presenta unha unidade didáctica de cara ao 8M

A Asociación de Familias de Menores Trans, Arelas, ven de presentar unha unidade didáctica de cara ao 8M, Dia Internacional da Muller.
Laura-Bugallo-8M-Trans-2021-2-slide_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 2 de marzo do 2021 – A Asociación de Familias de Menores Trans, Arelas, ven de presentar unha unidade didáctica de cara ao 8M.
    • Educación para a diversidade
    • Cartaces

Compostela, 2 de marzo do 2021 – A Asociación de Familias de Menores Trans, Arelas, ven de presentar unha unidade didáctica de cara ao 8M.

Arelas leva tempo traballando con centros educativos de toda Galiza, tratando de achegar a todo o alumnado a diversidade de identidades, orientacións e familias, loitando por erradicar a LGTBIfobia. 

Educación para a diversidade

O colectivo Arelas busca con estes materiais mellorar e ampliar as accións formativas presenciais que fan nas aulas co alumnado. O obxectivo e que  calquera persoa, mesmo allea á entidade, poida seguir visibilizando e formándose sobre estas realidades dende unha mirada positiva e transformadora (docentes, alumnado, familias,..). 

Arelas presenta o material con motivo da celebración do 8 de marzo, día da muller, como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans. Trátase de darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas e para que supoñan un conxunto máis representativo da sociedade. Tamén ten por obxectivo ofertar referentes positivos ás nenas e rapazas trans, sobre todo no ámbito educativo. 

Cartaces

No material destaca a realización de 10 ilustracións que aparecen na guía docente con información biográfica engadida e están pensados para que se impriman en A3 para colocar en corredores do centro, na aula ou proxécténse na aula.

Nos cartaces aparecen referentes entre os que destaca a galega Laura Bugallo, sindicalista e activista nada en Compostela e posuidora do Premio Nicolás Salmerón 2011 na categoría de Defensa das Liberdades Sexuais.

Descarga aquí todos os cartaces

Post navigation

Previous: Ames aproba a creación dos Consellos sectoriais de educación e cultura
Next: A ampliación do Museo do Pobo Galego a piques de ser realidade

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.