Compostela, 10 de febreiro do 2025 – Ata o vindeiro domingo Vedra e a camela serán os protagonistas dunha serie de actividades no centro comercial Área Central baixo o nome de “Son camelias… son Vedra!”.

O espazo acolle desde o venres pasado unha exposición de fotografía, una pequena mostra de camelias e unha serie de paneis cunha historia dos Bolechas. Ao longo dos vindeiros días haberá tamén unha feira de artesanía, degustacións. Actuacións ou obradoiros infantís, todo arredor de Vedra e a camelia.
Área Central, o concello de Vedra e a Asociación de Amigos da Camelia do Val do Ulla son os organizadores de estas xornadas nas que ademais terán un lugar destacado os artesáns e artesás do concello xa que virán a Compostela a mostrar os produtos que se elaboran a partir da camelia vinculados ao mundo da cosmética ou do téxtil.
Vedra é un dos concellos de Galicia máis representativos da cultura da camelia. Este ano celebra as XXIX xornadas arredor da camelia o vindeiro 23 de febreiro no Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, un dos maiores expoñentes na Ruta da Camelia.

O vindeiro sábado 15, de 11 a 21 horas, o centro comercial acollerá unha feira comercial na que se porá en valor todas as elaboracións que nacen da camelia; desde xabóns ata aceites esenciais ou cremas ademais de decoracións téxtiles ou mesmo infusións.
