займ срочно

Aproba a construción da nova depuradora de Urdilde en Rois

0

Rois, 13 de decembro do 2021 – O Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración co Concello de Rois para construción da nova depuradora de Urdilde.

A depuradora suporá un investimento de 915.000 euros e poderá tratar as augas residuais de 546 habitantes equivalentes que residen no núcleo urbano da Calle e no de Macedos. As obras teñen un prazo de execución de oito meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, cofinanciará a actuación nun 80%, achegando 732.000 euros. O Concello Rois contribuirá ao financiamento do 20% restante, destinando 183.000 euros.

O Pleno da Corporación de Rois xa aprobara no mes de setembro por unanimidade a firma do convenio con Augas de Galicia para construír esta importante infraestrutura para o municipio.

Augas de Galicia tamén levará a cabo a contratación e execución das obras da depuradora, así como a súa dirección e xestión ata completar a súa finalización.

Esta intervención será financiada pola Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.

O actual sistema de depuración de que dispón o núcleo da Calle, en Urdilde, presenta deficiencias de funcionamento, carencias respecto da accesibilidade para poder realizar as operacións de mantemento e unha elevada distancia ao punto de vertedura.

A Xunta e o Concello coinciden na necesidade de abordar a mellora do sistema de depuración das augas residuais deste núcleo, a través da construción dunha nova depuradora en Urdilde, localizada máis preto do punto de vertedura.

Deste xeito, garantirase o cumprimento dos obxectivos de vertedura ao medio receptor, dimensionando a depuradora para a conexión futura de toda a parroquia á rede de saneamento, de tal modo que a depuradora proporcione tratamento á totalidade das augas residuais producidas na área.

Segundo o proxecto redactado por Augas de Galicia, as obras obxecto do convenio autorizado onte polo Executivo autonómico comprenden a execución dunha nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos e o desmantelamento da depuradora actual de Urdilde, que se manterá en funcionamento ata a entrada en servizo da nova infraestrutura.

O novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-pass xeral, desbaste mediante dobre canle, pretratamento mediante tanque Imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada.

Ademais, executaranse 519 metros de colector desde a estación actual ata a arqueta de entrada da futura depuradora, e disporase de 61 metros de colector desde a arqueta de saída ata o punto de vertedura. Tamén se acondicionará o acceso á nova depuradora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies