Compostela, 22 de xullo do 2022 – O actor Tamar Novas abriu as Festas do Apóstolo 2022 cun pregón no que estivo acompañado, nun discreto segundo plano, polo pianista James Rhodes.
Novas comezou lanzando unha picada ao alcalde “intentarei ser breve, polo menos non ser tan pesado como as obras de Concheiros” para a continuación lembrar a súa infancia na cidade.

O actor dedicou un parágrafo á chuvia “ Podo dicir, despois de 15 anos vivindo fóra, que en Madrid llueve mal, e que o tópico de que a choiva en Santiago é arte é certo. A ver, ás veces pode semellar arte contemporánea. Esa arte que é difícil de entender ou aceptar ao comezo”.

Música e máis música
Hoxe venres comezan os concertos máis potentes coa Rocío Marquez e Bronquio, na praza da Quintana a partir das dez da noite
Mañá recupérase o espazo do parque de Galeras cunha cita das más interesantes do programa. O concerto de Rufus T. Firefly as nove da noite
As dez será a quenda de Calexico na praza da Quintana. Un pouco despois, as once da noite, en Belvis, comeza o Dron Festival Gaelic GP Series 2022, unha cita que sorprende aos que descoñecen as carreiras de drons. Os adestramentos e as semifinais celebraranse ao longo de todo o día.
O domingo chega un dos grupos que máis gañas teñen de tocar no Apóstolo, polo menos así o dixeron. Heredeiros da Crus estarán as dez na Quintana
E por suposto o domingo é o día dos fogos. A partir das once e media da noite. Repítese a fórmula de rodear a cidade e lanzaranse desde a Alameda, o Parque de Eugenio Granell, a Cidade da Cultura, As Cancelas e o Parque de Carlomagno. Tedes a programación completa para descargar na primeira nova que fixemos sobre o Apóstolo 2022, aquí
