Fotografía: Luis Alvarado
Compostela, 29 de xullo do 2018 – A última fin de semana do Apóstolo ten un marcado carácter latino co panameño Rubén Blades que esta noite sóbese ao escenario da Quintana.

Ruben Blades é unha icona da música latina desde que publicara Pedro Navaja alá por 1978. Pero é moito máis, son 50 anos de carreira con máis de 25 discos e 17 premios grammy, dos que 3 corresponden ao álbum que presenta hoxe “Salsa Big Band”. Este disco acadou o Grammy Latino ao Mellor Álbum de Salsa, o Grammy Latino ao Mellor Álbum do Ano e o Grammy ao Mellor Álbum Latino. Rubén Blades estará acompañado de Roberto Delgado & Orquesta, unha das formacións de salsa máis destacadas de Panamá, cunha traxectoria de máis de vinte anos. O concerto, que forma parte da súa xira de despedida dos escenarios, comezará ás 22:00 horas.
Hoxe tamén haberá concerto do ciclo Compostela É! Música na praza do Toural. Desta vez correrá a cargo de Valentín Caamaño Quartet, que presentará o seu novo disco The Blind Wrestler. Será a partir das 23:00 h. Antes, dende as 18.00 horas, os amantes do rap terán unha cita no Parque Fermín Bouza Brey de Vite. Alí celebrarase o Serán de Hip Hop, con Locoplaya, Anier, Denom, Rendi Nue e Garolo.
E por suposto segunda, e última xornada, da Feira na Eira! no Parque de Galeras, con distintos obradoiros e zonas de xogos ademais das actuacións de magos, contacontos e músicos.

Programación domingo 29
[tabs]
[tab title=”12.00 h. “]Concerto da Banda Municipal de Música
“Aquí Galicia!”
Casiano Mouriño Maquieira, director
Rúa do Vilar
[/tab]
[tab title=”13.00 h. “]Parque pechado de coches antigos
Praza do Obradoiro
(Club galego de Automóbiles antigos)[/tab]
[tab title=”17.00 h.”]
FEIRA NA EIRA! (programación infantil e familiar)
ZONA DE TERRA
Xogos xigantes, xogos en familia
ZONA DE AUGA
Choiva de aspersores, festa da escuma, megatobogán de auga
ZONA DE AIRE
Pista de obstáculos inchable
ZONA DE PALLA
Obradoiro para facer un palleiro!
ZONA DE SOMBRA
Obradoiro para facer un sombreiro!
Espazo relax
ZONA DE ESCENARIO
17.00 h. CRASSH_DuoCircus
18.00 h. Paco Cerdeira, PAKOLAS: As parábolas de Pakolas
19.00 h. CRASSH_DuoCircus
20.00 h. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Parque de Galeras[/tab]
[tab title=”18.00 h. “]Serán de Hip Hop
LOCOPLAYA+ANIER+DENOM+RENDI NUE+GAROLO
Parque de Fermín Bouza Brey (Vite)
18.00 h. VISITA DIALOGADA ENTRE ROSALÍA DE CASTRO E VALLE-INCLÁN
Saída da Praza de Santo Agostiño, Rúa da Conga, Rúa Nova, Igrexa de Santa María de Salomé, Rúa do Vilar, Rúa de Bautizados, Igrexa de San Fiz de Solovio.[/tab]
[tab title=”22.00 h.”]RUBÉN BLADES & ROBERTO DELGADO SALSA BIG BAND en concerto
Praza da Quintana
Entrada de balde previa retirada da invitación na billeteira do Teatro Principal[/tab]
[tab title=”23.00 h. “]COMPOSTELA É! MÚSICA
“VALENTÍN CAAMAÑO QUARTET”.
Presentación do novo disco “The Blind Wrestler” (Jazz)
Valentín Caamaño, guitarra e voz
Xosé Miguélez, saxo tenor
Alfonso Calvo, contrabaixo
LAR Legido, batería
Praza do Toural[/tab]
[/tabs]
