Compostela, 18 de xullo do 2017 – O parque Eugenio Granell será escenario da terceira edición da Romaría Cativa, dentro da programación das festas do Apóstolo 2017
A Romaría Cativa celebrarase o xoves día 20 de xullo dende as doce do mediodía. A esa hora está prevista un obradoiro de Babaluva. Tamén se habilitará un espazo de xogos da man de Xandobela e unha zona de xogo libre.
Ás doce e media comezarán as actuacións de Anxo Moure, Simón Pinhón e Percubebés en diferentes escenarios do parque e, ao seu remate, será a vez da música, co concerto de María Faltri e Jorge Juncal, ‘Fantasía coas palabras’.
Despois do tempo de xantar, no propio parque, ás 17h00 horas reabriranse os espazos de xogo, e ás 17h30 repetirán actuacións Anxo Moure, Simón Pinhón e Percubebés. Ás 18h30, Golfiños presentará o seu traballo ‘Té, chocolate e café’.
A programación da Romaría Cativa complétase ás 19h30 co concerto de Sons Miúdos. Un espectáculo no que a música e o teatro van da man de Ana Senlle de María Fumaça, Magín Blanco de A Nena e o Grilo, Paco Nogueiras de Brinca Vai!, Gloria Mosquera de Mamá Cabra, Xoán Curiel de Estamos no verán e Pablo Díaz de Tic-Tac. Ademais, todo será presentado por Montse Piñón e Pepablo Paño de Ghazafelhos e acompañado polos instrumentistas do Cuarteto dos Sons Miúdos Javier Constenla, Brais das Hortas, Carlos Freire e Pablo Vidal.
