Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes
  • Xeral

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

Trinta e tres negocios de Ordes reciben este ano apoio da Deputación a través do Plan de Emprego Local

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026

Atrás quedou o debate sobre a utilidade da Deputación. Plans como o Único, que garante un reparto equitativo dos recursos; ou o de Emprego Local, como en este caso, abalan o traballo do ente provincial.

En Ordes son 33 as empresas e persoas autónomas que se benefician das distintas liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL). O programa está dirixido a apoiar a creación e consolidación de emprego no ámbito local.

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou unha das empresas beneficiarias, ORDESTAR S.L., dedicada á reparación de vehículos e constituída en 2015.

A empresa recibiu unha subvención da Deputación de 15.000 euros a través da liña PEL-PEMES, destinada á contratación de persoal, que financia ata o 70% dos custes totais (salario e Seguridade Social) das novas contratacións durante o prazo de un ano.

As 33 axudas concedidas pola Deputación en Ordes corresponden ás diferentes modalidades do programa, que inclúen incentivos á contratación, apoio ao emprendemento e á actividade das pemes e persoas autónomas.

O obxectivo é reforzar o tecido empresarial local, facilitar a creación de novos postos de traballo e contribuír á estabilidade das empresas do municipio. Rosa Ana García destacou que “o PEL permite apoiar de forma directa ás pequenas empresas e ás persoas autónomas que xeran emprego nos nosos concellos, ofrecendo recursos para contratar persoal, ampliar a súa actividade ou iniciar novos proxectos”.

A deputada subliñou que a continuidade do programa ao longo dos anos permitiu consolidar unha rede de apoio estable ao tecido produtivo local.

Na última década, o Plan de Emprego Local contribuíu á creación de máis de 8.000 empregos na provincia da Coruña, converténdose nunha das principais ferramentas da Deputación para impulsar a actividade económica nos concellos.

O programa mantén unha aposta sostida polo apoio ás pequenas e medianas empresas, autónomos e  emprendedores, facilitando financiamento directo e adaptado ás necesidades reais de cada proxecto.

Post navigation

Previous: Augas de Ames terá un orzamento de 4 millóns e medio de euros
Next: Rosa Crujeiras e Maite Flores loitarán polo reitorado da USC nunha segunda volta

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.