Arzúa, 21 de decembro do 2021 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación de Nadal, distintas actividades na feira do 22.
Por unha banda, o propio Apalpador visitará durante a mañá de este mércores o concello, directamente desde o Courel. Paseará polas rúas da vila acompañado por música tradicional en directo a cargo de O Bringuelo e faráo entre as 12:00 e as 14:00h.
O percorrido sairá do Multiusos Terra do Queixo para pasar polas rúas Padre Pardo, Avenida de Lugo, Praza de Galiza, Ramón Franco, Fraga do Rei, Alcalde Juan Vidal, Praza de Galiza e Regreso ao Multiusos Terra do Queixo.
En caso de mal tempo, o Apalpador estará nas entradas e no interior do Multiusos Terra do Queixo.
Por outra banda, as 12:00h do mediodía farase un reparto gratuíto de 500 exemplares do calendario 2022 que o Concello xa comezou a distribuir nos lugares de costume hai dúas semanas. Será unha nova oportunidade para facerse co novo almanaque que leva por título Arzúa, en galego os 365 días do ano. O reparto farase na entrada principal do mercado.
