Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Alcaldes, o enlace coa veciñanza

a-bisbarra-fronte-ao-coronavirus-II-slide-19-marzo-2020_r

Os alcaldes son os que enlazan á veciñanza co estado, co sistema. O peor alcalde que podamos imaxinar, nun caso como o que vivimos onte, vese obrigado a actuar.

En xeral o viviron cunha certa calma, unha vez asumido que non se resolvería rápido e que o principal era axudar no que se puidera.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, librouse de quedar illado nun tren xa que tiña que viaxar ata Madrid;  cando xa estaba na estación o ten cancelouse e volveu para o concello.

En Val do Dubra Diego Luís Díaz recoñece que ao principio foi un pouco caótico pero que pouco a pouco foise organizando todo. No momento de escribir isto, as nove e media da mañá do martes 29, aínda partes do concello seguían sen subministro.

Lucía Calvo, alcaldesa de Teo, destaca a calma aínda que dúas gasolineiras tiveron colas ata o punto de que unha delas acabou o combustible. Tiveron tamén un par de incidencias nos servizos de auga pero foron resoltos sen problemas.

Como conta Manuel Ángel Leís, alcalde de Negreira, a prioridade en moitos dos concellos foron os centros de saúde e mesmo algunha farmacia, preservar as medicinas era o obxectivo. Polo demais a atencións aos maiores foi outra das preocupacións dos alcaldes.

En Arzúa o apagón tardou 23 horas en resolverse. Por outra banda unha parte do concello quedou sen auga xa que dependen dunha potabilizadora que ao non ter subministro non podía funcionar, algo que se resolveu cun grupo electróxeno. Xoán Xesús Carril é o alcalde.

Alberto Romar é o alcalde de Santa Comba. Agradece o traballo da policía local e da protección civil que foron ademais acompañados por distintos técnicos que se acercaron a colaborar. Algunhas ganderías solicitaban grupos electróxenos pero era imposible xa que eran necesarios para o centro de saúde. El mesmo o conta.

Seguiremos incorporando testemuñas que quedarán para o arquivo do que, esperemos, sexa un día único do que aprender.

Post navigation

Previous: Calma na escuridade
Next: Lode na Capitol o 4 de maio

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.