A Universidade de Santiago de Compostela ven de pasar un dos cursos máis complexos dos seus 500 anos de historia. O Reitor Antonio López foi o encargado de pilotar esta travesía.
Falamos Antonio López cando está rematando un curso que significou a consolidación dun modelo implantado de urxencia no 2020. O resultados avalían o bo facer do equipo e derruba moitos dos tópicos sobre os estudantes.
Comezamos preguntando polas sensacións despois de este período e a valoración que fai é moi positiva
En esta etapa puidemos comprobar o valor da USC. O traballo nos laboratorios, o de investigación e a colaboración con científicos de todo o mundo demostrou o nivel no que nos atopamos. O Reitor ten claro que si saimos da pandemia será pola ciencia
Nos últimos meses falouse moito da posibilidade de que se cree unha nova universidade privada en Galicia. O noso entrevistado ten claro que hai que apostar polo sector público e apoialo
O interés dunha empresa nada na Universidade de Oxford por comprar un software desenvolto na USC, pon de manifesto que non só a parte tecnolóxica é a que ten importancia e que as humanidades poden aportar moito ao coñecemento
López ven con optimismo o vindeiro curso aínda que non deixa de ser prudente. Espera poder rebaixar un pouco máis as medidas pero a prioridade segue a ser a saúde
Infunde confianza atopar alguén que ten claro o sitio no que se atopa e o camiño a seguir. O Reitor Antonio López é sempre moi prudente nas súas declaracións e da a sensación de ser consciente dos erros que se poden cometer. Saber que un se pode equivocar, en tempos como os que vivimos, da máis garantías que a falsa seguridade que ofrece o que non duda nunca de nada.