Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Antonio López, novo reitor da USC “o primeiro gran reto e ter máis democracia e máis autonomía”

antonio_lopez_novo_reitor_slide_24_abril_2018

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 24 de abril do 2018 – O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López resultou elixido reitor da USC nunha votación na que obtivo un total de 3.474 votos, fronte aos 1.746 do candidato Juan Viaño. En termos de voto ponderado, López acadou o 62,66%.
    • Equipo
    • Antonio López
    • Calendario electoral
    • Felicitación de Juan Viaño

Compostela, 24 de abril do 2018 – O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario Antonio López resultou elixido reitor da USC nunha votación na que obtivo un total de 3.474 votos, fronte aos 1.746 do candidato Juan Viaño. En termos de voto ponderado, López acadou o 62,66%.

Ao remate da xornada electoral Antonio López falaba con Lindeiros.gal e expresaba a súa alegría, o novo reitor considera que o amplo respaldo acadado e un aval que supón unha responsabilidade

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2018/04/antonio-lopez-noche-electoral-nuevo-rector-usc-os-resultados-son-un-aval-facer-o-mellor-pola-usc-23-abril-2018_01.mp3

Preguntado por esa primeira cousa que un candidato sempre ten na cabeza recoñece que él tamén tiña estas semanas unha idea fixa como prioridade: dotar a USC de máis democracia e máis autonomía

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2018/04/antonio-lopez-noche-electoral-nuevo-rector-usc-o-primeiro-reto-mais-democracia-e-mais-autonomia-23-abril-2018_01.mp3

Equipo

O equipo de goberno da Universidade de Santiago estará composto ademais por Víctor Arce Vázquez (Estudantes e Internacionalización), Celia Besteiro Rodríguez (Organización Académica), Gumersindo Feijoo Costa (Planificación e Proxección Extratéxica), Dulce García Mella (Secretaría Xeral), Ernesto González Seoane (Profesorado), Mar Lorenzo Moledo (Comunicación, Cultura e Servizos), Mª Victoria Otero Espinar (Titulacións), Vicente Pérez Muñuzuri (Investigación e Innovación) e Montserrat Valcárcel Armesto (Coordinación do Campus de Lugo).

Antonio López

Antonio López (Barreiros, 1964) ingresou en 1981 na Facultade compostelá de Dereito, onde obtivo a súa licenciatura, con premio extraordinario, en 1986. Cinco anos máis tarde acada o grao de doutor nesta mesma universidade. Desenvolveu unha intensa carreira docente e investigadora con numerosas publicacións e estadías nas universidades de São Paulo, Montevideo e Boloña. Froito desta actividade ten recoñecidos catro sexenios de investigación.

É membro de diversas asociacións relacionadas coa súa especialidade, entre elas a Asociación Española de Profesores de Dereito Financeiro, a Asociación Española de Asesores Fiscais e a European Association of Tax Law Professors. Na USC, desempeñou os cargos de director do Departamento de Dereito Público Especial, secretario da Comisión de Doutoramento, vicerreitor de Coordinación do Campus de Compostela e Vicerreitor de Xestión de Infraestruturas (1998-2002) e decano da Facultade (2005-2007).

En xullo de 2007 o Parlamento de Galicia elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que ocupou ata decembro de 2013. Entre 2007 e 2010 foi Conselleiro Maior deste organismo.

Calendario electoral

Logo da proclamación provisional do reitor o próximo 26 de abril, abrirase un prazo –do 27 de abril ao 2 de maio– para a presentación de recursos diante da Comisión Electoral Central. A proclamación definitiva do reitor electo producirase o día 7 de maio.

Felicitación de Juan Viaño

O actual reitor da USC, Juan Viaño, felicitou ao novo reitor electo, Antonio López, despois da vitoria. Viaño agradeceu a confianza depositada por boa parte da comunidade universitaria, “aínda que non fomos capaces de convencer co noso proxecto”.  Juan Viaño asegurou tamén que está a total disposición do novo reitor para todas as cuestións que beneficien á institución académica Compostela. 

Post navigation

Previous: O Oroso Tenis de mesa feminino seguirá na superdivisión nacional
Next: Ordes prepárase para a ExpoOrdes 2018

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.