Compostela, 24 de marzo do 2018 – O catedrático Antonio López oficializou a súa candidatura a reitor da USC coa presentación da documentación no rexistro xeral da institución.
Antonio López acudiu acompañado da profesora Mar Lorenzo e o profesor Gumersindo Feijóo. López sinalou que se presenta como candidato despois de escoitar as demandas e propostas da comunidade universitaria, e que o obxectivo da súa candidatura é dar resposta ás mesmas. O candidato explicou que mantivo reunións con máis de 700 profesores, alumnos e persoal administrativo e de servizos aos que explicou o seu programa.
Tras a presentación da documentación Antonio López falaba cos medios de comunicación e explicaba o seu proxecto e os problemas que ten detectado na universidade
O candidato sinalou que despois da Semana Santa presentará un programa de propostas encamiñadas a corrixir estes erros e a cambiar radicalmente o actual camiño da USC.