Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia

Cartel que da paso a exposición Antifémina no Auditorio de Galicia

Compostela, 11/04/26 – Non valoramos de xeito adecuado o que chega a Compostela. A exposición Antifémina Colita é un de eses casos. Santiago é o terceiro lugar que a acolle, despos de Madrid e Barcelona, e a que máis fotografías mostra xa que se foron engadindo desde a primeira exposición. Pero que é Antifémina? Quen é Colita? Que ten que ver Maria Aurèlia Capmany? o explicamos a continuación xa que ata xuño tedes oportunidade de desfrutala.

Unha historia persoal

Antifémina Colita recupera o traballo fotográfico que Colita (Isabel Esteva, 1940-2023, Barcelona) publicou en formato libro xunto con textos da escritora catalá Maria Aurèlia Capmany (1918-1991, Barcelona).

Foi un proxecto a catro mans considerado co tempo como o primeiro libro gráfico abertamente feminista da Transición. Antifémina publicouse en 1977 e foi retirado do mercado pouco despois pola propia editorial por decisión do seu novo director,  quen o considerou inapropiado para a España do momento, converténdose así nun libro de culto crítico e reivindicativo.

En 2021 Colita e Francesc Polop, comisario desta exposición,  recuperaron o volume, reeditado e publicado pola editorial Terranova e polo Concello de Barcelona. Este é o libro que se amosa por vez primeira en formato expositivo como homenaxe póstuma a Colita e como reivindicación da figura destas dúas mulleres intelectuais e valentes que loitaron de maneira clara e directa para dignificar o feito de ser muller nunha sociedade que comezaba a emerxer da longa ditadura franquista.

Colita

Isabel Steva Hernández naceu en Barcelona en 1940 e é coñecida artisticamente como Colita. O seu alcume vén dunha historia contada polo seu pai sobre o seu nacemento “debaixo dunha col”. Formouse xunto a fotógrafos como Oriol Maspons, Miserachs, Català-Roca e Pomés. Retratou a vida cotiá de Barcelona: o mundo xitano, o flamenco, o Barrio Chinés ou La Rambla. Creou unha enorme galería de retratos de figuras culturais e artísticas do século XX. Estivo vencellada a movementos como a Gauche Divine, a Escola de Barcelona e a Nova Cançó. Durante a Transición documentou acontecementos políticos e sociais clave. Comprometida co feminismo, foi editora gráfica de Vindicación Feminista en 1976. Publicou máis de 70 libros, realizou máis de 40 exposicións e recibiu numerosos premios. Faleceu en Barcelona o 31 de decembro de 2023.

Maria Aurèlia Capmany

Isabel Steva Hernández naceu en Barcelona en 1940 e é coñecida artisticamente como Colita. O seu alcume vén dunha historia contada polo seu pai sobre o seu nacemento “debaixo dunha col”. Formouse xunto a fotógrafos como Oriol Maspons, Miserachs, Català-Roca e Pomés. Retratou a vida cotiá de Barcelona: o mundo xitano, o flamenco, o Barrio Chinés ou La Rambla. Creou unha enorme galería de retratos de figuras culturais e artísticas do século XX. Estivo vencellada a movementos como a Gauche Divine, a Escola de Barcelona e a Nova Cançó. Durante a Transición documentou acontecementos políticos e sociais clave. Comprometida co feminismo, foi editora gráfica de Vindicación Feminista en 1976. Publicou máis de 70 libros, realizou máis de 40 exposicións e recibiu numerosos premios. Faleceu en Barcelona o 31 de decembro de 2023.

A mostra Antifémina

A mostra reúne máis de 130 fotografías estruturadas en dez seccións que abordan, con ton crítico e didáctico, o debate sobre a feminidade convencional: a muller, submisa, perfecta casada, pasiva e sacrificada. Nelas, Colita retrata a vellez, o traballo, a relixión, a prostitución, a cousificación, a marxinación, as modelos o disfrace ou o piropo en imaxes de corpos apoderados, sólidos, macizos, nus, anoréxicos, eróticos, decorativos, marcados pola xuventude ou erosionados pola vellez. Un imaxinario que permite a quen visita a mostra comprender o significado de ser muller no franquismo, nun contexto de represión e discriminación marcado polo pechado conservadorismo, escurantismo e desigualdade contra as mulleres.

Falamos con Xosé Antón Serén que nos acompaña como guía nunha vista á exposición. Como dicíamos ao comezo, esta é a máis numerosa das tres exhibicións que se levan feito e a terceira que se organiza. Para Xosé Antón esta é a mellor polo espazo expositivo e polo número de fotografías.

Un pode acudir á exposición polas fotografías pero tamén porque é unha ollada a esa España oculta da que non se fala dabondo. Desde a relixión á prostitución, o pobo xitano ou o papel da muller son algúns dos temas que recolle Colita nas súas instantáneas.

Antifémina foi ademais un traballo arriscado nun momento no que non se sabía que podía pasar. O feito de que acabara sendo censurado pola propia editorial é un reflexo da incerteza que se vivía en España. Segundo Senén, tanto Colita como María Aurelia foron moi avanzadas ao seu tempo e viviron loitando contra o franquismo.

Xosé Antón Serén

Trátase sen dúbida dunha exposición imprescindible para coñecer certas realidades da España da ditadura pero tamén o traballo dunha das mellores fotógrafas españolas. A mostra foi comisariada por Francesc Polop, escultor e deseñador que en 1983 coñeceu a Colita, con quen iniciou unha relación persoal e profesional.

Polop tamén realizou catálogos e a recuperación e redeseño de Antifémina. Comisariou varias exposicións da fotógrafa en Barcelona, Madrid e Granada. Da súa colaboración xurdiu o Archivo Colita Fotografía. Actualmente dirixe e xestiona este arquivo para difundir a obra de Colita.

Antifémina pódese ver na sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h (pecha unha hora antes os días de evento) e a entrada é de balde.

Post navigation

Previous: Noxem e Tentáculo gañan o “Quero Cantar” 2026
Next: Segue o debate sobre a planta de reciclaxe de residuos de obra en Teo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.