Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

A ANPA Rabadela de Teo envía unha carta ao Conselleiro de Educación

anpa rabadela teo carta conselleiro educacion slide 7 xullo 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 7 de xullo do 2017 – A ANPA Rabadela, do colexio infantil de Calo, ven de enviar unha carta ao conselleiro de Educación para solicitar que se manteña aos 8 profesores de infantil con praza fixa.
      • A carta di así:

Teo, 7 de xullo do 2017 – A ANPA Rabadela, do colexio infantil de Calo, ven de enviar unha carta ao conselleiro de Educación para solicitar que se manteña aos 8 profesores de infantil con praza fixa.

A carta di así:

Sr. Rodríguez González:

Somos a asociación de nais e pais do alumnado A Rabadela e escribímoslle esta carta coa confianza de que escoite esta nosa alegación desesperada en nome da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Calo, en Teo, para que manteña as oito profes de Infantil con praza definitiva no centro.

Porque, aínda que a matrícula de 3 anos para o curso que vén é de vinte nen@s, desde hai meses está confirmada a permanencia das oito mestras. Coñecendo a previsión de matrícula baixa, o colexio traballa con dúas posibilidades: Crear dous grupos de dez ou un de vinte con tres profes de apoio en Infantil, esta última opción é a elixida ata o 22 de xuño.

Contamos con alumnado con necesidades específicas que agradecerá enormemente a atención prestada. A mestra que teñen intención de desprazar sería só por este ano pois, o seguinte curso, xubílase unha compañeira de Infantil. A profe xerou un vínculo emocional moi forte co seu

alumnado de 3 anos e as familias estamos facendo todo o posible para que poida rematar esta etapa coa mesma mestra.

Se finalmente a desprazan, este grupo de cativ@s tería unha profesora diferente en cada curso da etapa de Infantil. Cremos que se pode evitar mantendo a mestra neste curso académico.

Como familias, preocúpanos e ocúpanos a Educación dos nosos fillos e fillas, dotalos da mellor bagaxe para o futuro. Por iso, andamos nestas, sen descanso desde final de curso, reclamando que non nos quiten a mestra de Infantil.

Por favor, señor conselleiro, aténdanos!

Anpa A Rabadela do C.E.I.P de Calo (Teo)

Post navigation

Previous: O BNG de Padrón reclama ao concello a limpeza dunha finca en A Ponte
Next: III Edición do festival Psicotroita en Sigüeiro

Máis novas

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Un dos moitos petroglifos que se poden atopar en Teo
2 minutes read
  • Teo

Teo solicita á Xunta unha valoración de danos da área arqueolóxica do Monte Piquiño

Teo prepara unha xornada sobre a transición española
2 minutes read
  • Xeral

Teo e a USC proxectan unha xornada sobre a Transición Española

Un momento da gala de fillos adoptivos de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos

Cartel da feira de empresarios de teo
2 minutes read
  • Axenda

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.