Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Caratula do libro Andrómedas e Credos

A Estrada, 31/05/2026 – A Asociación Cultural “Vagalumes” presenta o libro “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes” do filólogo, etnógrafo e escritor Carlos Solla o vindeiro venres 5 de xuño ás 20:30 no Mome (A Estrada).

Carlos Solla, No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense.

O volume “Andrómenas e credos” reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes. Comarca próxima que mesmo abrangue algunhas parroquias do concello estradense.

Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais –a revelación da Montaña Máxica do Seixo–, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais…, portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.

Para a elaboración desta “Suma mitolóxica” volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa…, engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.

Post navigation

Previous: Aida Fernández Riós, Científica Galega do Ano, nos Luns do Ateneo
Next: Aida Fernández Riós, Científica Galega do Ano, nos Luns do Ateneo

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.