займ срочно

Andaina Pro Saúde Mental celebrou o 6º aniversario

0

Andaina Pro Saúde Mental leva seis anos axudando as persoas con trastornos mentais que viven na área sanitaria de Compostela

Ordes, 6 de novembro do 2016. A Asociación Andaina Pro Saúde Mental vén de celebrar o seu sexto aniversario, cunha gran xuntanza nas instalacións do complexo da Paxareira, no concello de Dodro.

Andaina Pro Saúde Mental  é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2010 ante a necesidade de cubrir un baleiro existente que atenda dun xeito global ás persoas que padecen trastorno mental nas comarcas da Área Sanitaria de Compostela, centrándonos sobre todo no ámbito rural. Os seus principios son: “A persoa como eixe” e “A inserción social e laboral”. Os servizos tratarán de: mellorar a asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais, así como de familiares e amigos.. Recuperación e integración social e laboral.intentando xerar emprego adaptado aos pacientes. Acompañar á persoa para que asuma aquelas responsabilidades das que sexa capaz. Defensa de intereses e dereitos das persoas que padecen trastornos mentais.

Andaina celebrou este sexto aniversaio cun día de festa e diversión no que tanto os usuarios, usuarias, integrantes da directiva, monitores, monitoras e demais convidados fixeron un percorrido pola memoria, lembrando tantos momentos e actividades realizadas ao longo de todo este tempo. Acompañándo aos andainos e as andainas nun día tan especial estiveron tamén membros da asociación compostelá Itinera.

Imaxe de grupo da festa da Andaina Pro Saúde Mental

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies