Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Día Mundial para a Prevención do Suicidio, FALAMOS?

andaina prevencion suicidio 10 setembro 2025

O programa FALAMOS? de Andaina Pro Saúde Mental continúa a súa actividade no rural galego para mellorar a detección e intervención en risco de suicidio

Imaxe de FalcoZen https://pixabay.com/es/users/falcozen-43288380/

Con motivo do Día Mundial para a Prevención do Suicidio, a asociación Andaina Pro Saúde Mental lembra a importancia de informar, detectar a tempo e intervir nunha problemática que aínda está rodeada de tabús.

O suicidio continúa a ser unha das principais causas de morte non natural en Galicia e, malia a súa relevancia, segue marcado polos mitos e os silencios que dificultan tanto a prevención como o acceso á axuda para quen a precisa. Romper con esas barreiras, ofrecer información clara, dar a coñecer os recursos dispoñibles e formar a profesionais e comunidade son pasos esenciais para reducir o estigma e previr situacións de risco.

Neste contexto, o programa FALAMOS?, un proxecto específico para a detección e intervención en risco de suicidio no ámbito rural e financiado pola Consellería de Sanidade, está a desenvolver en 2025 múltiples accións en concellos da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A asociación Andaina Pro Saúde Mental vén impulsando este programa dende 2020 como unha aposta de achegamento a recursos e abordaxe integral da conduta suicida nas zonas rurais.

Ao longo deste ano, o programa FALAMOS? desenvolveu actividades de sensibilización en varios concellos. Así instaláronse puntos informativos permanentes que continúan activos en Padrón, Valga, Catoira, Rois, Ordes e Boqueixón, mentres que outros, como os colocados en Pontecesures, Trazo, Tordoia, Frades, no CIM da Mancomunidade de Ordes ou na Asociación AVANTE, foron retirados despois de estar operativos durante varios meses.

En canto aos puntos de lectura, segue en funcionamento o de Padrón e tamén estiveron dispoñibles nas bibliotecas de Boqueixón, Ordes e Frades. Ademais, en Padrón está prevista a celebración dunha mesa informativa antes de que remate o ano, e a entidade traballa xa na planificación de charlas de sensibilización para o último trimestre en varios dos concellos implicados.

Xunto con estas accións dirixidas á poboación en xeral, o programa tamén promove actividades de carácter máis formativo e preventivo. Así, no mes de maio realizouse un obradoiro de afrontamento en Boqueixón e está programado outro en Ordes neste mes de setembro.

O programa achegouse tamén ao ámbito académico, impartindo formación a estudantado dos graos de Psicoloxía e Enfermaría nas universidades de Santiago e Vigo respectivamente. Do mesmo xeito, reforzou o traballo con profesionais a través de accións formativas en colaboración coa mutua FREMAP e co Centro de Información á Muller de Boiro, contribuíndo a mellorar as súas capacidades para a detección e intervención en situacións de risco.

Con todas estas iniciativas, FALAMOS? busca ofrecer información accesible, reforzar os factores de protección fronte ao risco de suicidio e mellorar a preparación de profesionais e estudantado do eido sociosanitario, con especial atención ao medio rural, onde a dispersión xeográfica e o illamento social supoñen un reto engadido.

Neste 10 de setembro, Andaina Pro Saúde Mental pon o foco na necesidade de seguir ampliando accións de proximidade e redes comunitarias, lembrando que o suicidio pode previrse se se recoñecen os sinais de alerta, se se conta con apoios accesibles e se continúa reducindo o estigma que aínda pesa sobre esta realidade.

Post navigation

Previous: A SELIC cambia de datas e chegará en outubro
Next: II Rede Coworking Fest da Deputación

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.