Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Andaina por parellas en Rois

O concello de Rois abre as inscricións para a Andaina por Parellas, unha cita para descubrir o municipio

Andaina por parellas de Rois

Rois, 02/06/2026 – O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para participar na nova edición da Andaina por Parellas, unha proposta deportiva e de lecer que combina actividade física, convivencia e posta en valor da contorna natural e paisaxística do municipio.

A cita celebrarase o sábado 4 de xullo, cun percorrido circular de aproximadamente 15 quilómetros e nivel de dificultade baixo, pensado para favorecer a participación de persoas de diferentes idades e condición física.

Un momento da última edición da andaina por parellas de Rois

A saída da andaina or parellas de Rois terá lugar ás 19.00 horas desde o polideportivo municipal, punto no que tamén estará situada a meta. O trazado percorrerá distintos núcleos e espazos do municipio como Rois, Penicias, O Foxo, Infesta, Os Dices, A Pontenova, Cornes, A Peruca, A Peroxa, Lamego, Seira, a Capela do Socorro e Oín, entre outros.

As inscricións poderán formalizarse ata o mércores 1 de xullo a través da páxina web www.andainabisbarradosar.com. O prezo de participación será de 10 euros por parella.

A organización lembra ademais que os menores de 14 anos deberán participar acompañados dunha persoa adulta.

A recollida de dorsais realizarase o propio día da actividade, entre as 17.00 e as 18.45 horas.

A Andaina por Parellas está organizada polo Concello de Rois en colaboración co Colectivo Remonte, a Deputación da Coruña e Protección Civil.

As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de Deportes do Multiúsos de Rois, no teléfono 981 816 061, ou contactando co Colectivo Remonte no 630 708 485.

Post navigation

Previous: De sol a sol en Santa Comba
Next: XII da Maker Faire Galicia

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.