Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Frades

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

O Conxello da Xunta aprobou destinar seiscentos mil euros á mellora da potabilizadora de Frades

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Frades, 03/06/2026 – O Concello de Frades celebra o anuncio realizado polo Consello da Xunta de Galicia de que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático prevé tramitar este mes de xuño o acordo para a ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) do municipio, emprazada no lugar de Ponte Carreira.

Un proxecto que conta “con orzamento comprometido” que ascende a “uns 600.000 euros”, segundo detallou o Goberno Autonómico. O concelleiro de Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro, amosou a súa satisfacción por este anuncio toda vez que “o Concello de Frades xa recibiu hai un par de meses o borrador do convenio de colaboración e tan so estamos pendentes do visto bo da Consellería para proceder á sinatura”.

Unha obra moi necesaria para a veciñanza de Frades pois, tal e como sinala a Xunta de Galicia, a “estación de tratamento de auga potable de Frades está ao límite da súa capacidade”.

Manuel Ferreiro sinala que “os filtros da ETAP teñen que estar traballando as 24 horas do día para poder satisfacer a demanda existente no Concello. Unha situación que fai que sexa practicamente imposible levar a cabo calquera tipo de mantemento, preventivo ou correctivo, nas instalacións”. A ETAP de Ponte Carreira capta un volume de auga diario de 404 m3, sendo a súa capacidade máxima de tratamento de 432 m3.

Aumento da poboación

A pesar de que nos últimos anos a poboación de Frades minguou en 777 persoas, o número de abonados ao servizo de abastecemento municipal incrementouse nun 21%, ata superar o milleiro de persoas. Ademais, estímase que no próximo futuro incrementarase tanto o número de veciños e veciñas conectados á rede, así como parte da cabana gandeira existente no municipio.

Ferreiro Marzoa agradécelle á Xunta a aprobación dun proxecto técnico prioritario para o municipio pois “garantirá o abastecemento de auga para os veciños e veciñas de Frades, sobre todo porque nos últimos anos se incrementou o número de persoas aboadas a este servizo, debido ás sucesivas ampliacións da rede municipais que fomos executando en colaboración coa Xunta de Galicia. Ademais, engádese aos 1,3 millóns de euros investidos hai doce anos na depuradora de augas residuais, emprazada na mesma zona, e que permitiu dar un salto de calidade na depuración das augas residuais da parroquia de Gafoi e parte de Ledoira”.

Post navigation

Previous: Os recortes no IES de Melide no Parlamento de Galicia
Next: Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.