Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Padrón

A ampliación da ETAP de Padrón recibe a visita de Rueda

A Estación de Tratamento de Auga Potable de Padrón, ETAP, recibiu máis de dez millóns de euros para aumentar a súa capacidade.

padron etap 1 16 setembro 2026

Padrón, 16/09/2026 –  O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que a ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Padrón supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga potable de calidade á veciñanza.

As instalacións prestan servizo a preto de 90.000 veciños de nove concellos do entorno do río Ulla e da marxe dereita da ría de Arousa, cun horizonte de garantía fixado no ano 2044.

Rueda dixo en Padrón que “Abrir a billa parece algo moi sinxelo, pero cando non sae auga empeza a alarma, e se a que sae non a podes beber é a segunda alarma; polo tanto, temos que procurar que a haxa e que sexa de calidade”.

Durante a visita ás instalacións remodeladas, na que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o titular do Executivo autonómico puxo en valor o esforzo conxunto que fixo posible esta actuación, na que a Xunta investiu 10,5 millóns de euros para modernizar e dimensionar unha infraestrutura hidráulica clave que levaba 30 anos en funcionamento.

Con esta actuación, a planta pasa de tratar 450 a 630 litros por segundo, o que supón un incremento do 40% na súa capacidade. Os traballos permiten dar resposta ás necesidades de abastecemento de Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, ademais de deixar preparada a rede para prestar apoio a Vilagarcía de Arousa no caso de que fose necesario.

Protección ambiental

A intervención de Padrón inclúe un salto cualitativo na protección ambiental do río Ulla e da propia ría de Arousa, coa incorporación dunha nova liña de tratamento de lodos, que ata agora non existía. Implántase ademais un sistema de recuperación e reutilización da auga de lavado dos filtros.

Alfonso Rueda, convidou a reflexionar sobre o uso eficiente da auga, puxo esta actuación como exemplo de que as infraestruturas hidráulicas teñen que pensarse con visión supramunicipal e, malia ser o abastecemento de auga unha competencia municipal, volveu amosar o compromiso do Executivo galego para colaborar cos concellos neste obxectivo común.

A actuación encádrase no espírito do Plan Estratéxico de Recursos Hídricos de Galicia (PEREGA), cuxa finalidade é optimizar e conectar os sistemas hidráulicos xa existentes, reducir perdas na rede e garantir a eficiencia no consumo antes de buscar novas captacións de auga.

Post navigation

Previous: Maré trae a Compostela o mellor da world music
Next: Frades asina hoxe o proxecto de reforma da ETAP

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.