Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Amigos da Ópera de Santiago retoman a actividade coa zarzuela ‘Miñatos de Vran’

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago retoma a súa actividade este mes de xaneiro programando a zarzuela ‘Miñatos de Vran’.
amigos-da-opera-zarzuela-slide-3-xaneiro-2024_r

Compostela, 3 de xaneiro do 2024 – A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela retoma a súa actividade este mes de xaneiro programando a zarzuela ‘Miñatos de Vran’.

Trátase dunha peza musicada polo mestre Juan Fernández Vide e libreto asinado por Ramón Otero Pedrayo. A zarzuela poderase ver os días 19 e 21 de xaneiro en Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela respectivamente.

Para a obra os Amigos da Ópera reunirán para unha representación escenificada a Banda de Música Municipal de Santiago, baixo a dirección de Daviz Fiuza; o Coro Asociación Liceo de Vilagarcía. baixo a dirección de Josefa Dorado Soto, e a formación Antiguos Tunos de Santiago. As voces solistas serán a soprano Patricia Rodríguez Rico, o barítono Gabriel Alonso e o tenor Diego Neira. A dirección escénica correrá a cargo de José Álvarez.

Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Vilagarcía de Arousa e o Concello de Santiago de Compostela, recuperará así unha obra que só se puido ver en dúas ocasións: a estrea na Habana en 1928 e unha segunda representación en Ourense en 1959.

Na versión orixinal, o libreto pertencía a Enrique Zas, mais o seu extravío forzou que tres décadas despois Otero Pedrayo fose o encargado de reelaboralo para a súa posta en escena na cidade das Burgas. Neste 2024, Amigos da Ópera impulsa a reestrea no época actual con dúas citas: o vindeiro 19 de xaneiro no Auditorio de Vilagarcía e o venres, 20 no Auditorio de Galicia, de Santiago de Compostela.

Temática

A temática, con mencións á situación social, económica e cultural da Galicia da época está relacionada coas Irmandades da Fala. A zarzuela Miñatos de vran, igual que outras obras do mestre Vide, contén motivos populares do folklore galego. Foi creada cunha finalidade pedagóxica para as distintas agrupacións artísticas que dirixiu no Centro Galego de A Habana, entre 1924 e 1932, onde foi mestre na Academia de Belas Artes do Centro Galego de A Habana, e director do seu Conservatorio.

A acción de Miñatos de vran desenvólvese nunha vila galega de pescadores e labradores no noroeste de Galicia, posiblemente inspirada en Ribeira, lugar de vacacións para os señoritos (os “miñatos”), e nas rúas de Santiago onde van estudar os señoritos da vila.

Narra, como acontece en moitas obras do xénero zarzuelístico e operístico, a difícil historia de amor dun mariñeiro, Manuel, namorado en segredo da bela Maripepa, tamén pretendida por Carlitos, veraneante madrileño, e por Eduardo, señorito da vila e estudante de medicina. A estrutura, en tres actos, ten por distintos escenarios unha vila galega pesqueira, no primeiro e terceiro acto. O segundo acto ten lugar nunha rúa con soportais e nunha taberna clásica, en Santiago de Compostela.

Recuperación do xénero

Amigos da Ópera de Santiago, dentro do seu labor de difusión e de achegamento aos diferentes xéneros da lírica, está a realizar un traballo de revitalización da zarzuela galega. Dentro desta liña de traballo, o pasado ano centrouse na recuperación d’A lenda de Montelongo, peza estreada no Teatro Principal de Santiago no ano 1924.

Trátase dun dos principais exemplos da chamada zarzuela galega, xénero no que tamén se enmarca Miñatos de Vran e que se consolida da man das Irmandades da Fala dado que nos principios fundacionais desta movemento estaba contemplada a necesidade de afianzar os trazos identitarios e a galeguización da sociedade.

As características principais son o uso da nosa lingua neste xénero, a intención tanto de retratar como facer reflexionar sobre a realidade social da época e tamén o uso de diferentes disciplinas artísticas sobre escena: muiñeiras, coros, alalás, xotas ou cantares de cego. 

A parte musical en Miñatos de Vrán contén preludios, coros, romanzas, dúos, coplas, interpretadas polos solistas principais, o coro e a tuna. A editorial Galaxia editou en 2023 o texto de Otero Pedrayo, en edición do musicólogo Javier Jurado.

Post navigation

Previous: O voto de calidade do alcalde aproba os orzamentos de Padrón
Next: A Real Filharmonía presenta A bela dormente de Chaikovski no concerto de Reis

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.