займ срочно

Convócase o XX Certame Literario de Ames

0

Bisbarra, 13 de marzo do 2023 – O concello de Ames ven de convocar a vixésima edición do Certame Literario do concello ao que se poden presentar textos de narrativa e poesía en lingua galega.

O certame Literario de Ames organízase desde a concellaría de Normalización Lingüística. A titular, Escarlata Pampín, acompaña de técnicos do departamento como Rosa Moreiras e Fátima Souto foi a encargada do acto celebrado no Pazo da Peregrina.   

As candidaturas poden presentarse ata o vindeiros 12 de abril. As bases completas do certame están na seguinte ligazón bases e a ficha de inscrición pódese descargar desde aquí .

O certame é unha das iniciativas culturais máis consolidadas no Concello de Ames, e serviu como plataforma de despegue de numerosos escritores e escritoras. O obxectivo segue sendo a promoción da creación literaria en lingua galega e que serva ao tempo para reforzar o proceso de normalización lingüística.

Escarlata Pampín, explicou que“este é un certame xa consagrado, o que para nos é todo un orgullo. Ao longo da vida do concurso pasaron multitude de autores e autoras que lograron ter recoñecemento mesmo fora das fronteiras de Ames, no ámbito autonómico e estatal”.

Premios

Para cada modalidade e categoría establécense tres premios.. Para os/as participantes menores de 13 anos, o primeiro premio é de 200 euros, o segundo de 170 e o terceiro de 140.

Para os/as participantes de entre 14 e 17 anos o primeiro premio está dotado con 230 euros, o segundo con 200 e o terceiro con 170.

Finalmente na categoría absoluta o primeiro premio será de 300 euros, o segundo de 260 e o terceiro de 230.

O Concello de Ames publicará os traballos premiados nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando os autores ou autoras con cinco exemplares do volume que se edite.

Para esta publicación, as persoas gañadoras do certame deberán entregar os textos en formato dixital. Se o autor ou autora publica pola súa conta algún dos textos gañadores, deberá facer referencia ao premio obtido neste certame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies