Actualización: Tras a publicación do seguinte artigo, mantivemosdistintas conversas con profesorado de Ventín e membros do equipo dirctivo. Nun novo artigo podedes ler o resultado desas conversas aquí
Unha petición en Change.org pide a dimisión da dirección do centro. O enfrontamento entre a directiva de Ventín, os pais e a Consellería provocaron a eliminación de todas as actividades complementarias.

O CEIP de Ventín en Ames ten problemas de distinto tipo desde hai décadas. En Lindeiros fomos contando moitos deles pero en todo este tempo non se vira unha situación tan tensa. O curso anterior rematou cunha gastroenterites no comedor e este comezou cunha protesta polas rúas do Milladoiro pola falta de profesorado.
Esta protesta unía a equipo directivo e pais pero algo cambiou no mes de marzo cando o Claustro de Ventín decide unilateralmente cancelar as actividades complementarias. Que o colexio non celebre datas como o Entroido ou as excursións de fin de curso e de etapa é un feito inédito.
A ANPA tentou, sen conseguilo ata o momento, mudar está situación. Lindeiros consultou distintas fontes e atopouse con que ese tan só un dos presuntos problemas que sofre o centro e que afectan de distintas formas ao alumnado e ás familias.
As fontes consultadas coinciden en que o colexio de Ventín leva máis de 20 baixas, probablemente moitas máis, entre o profesorado, mesmo substitutos para substitutos; algo pouco habitual. Menciónanse presuntos problemas de bullying entre os alumnos pero tamén de acoso laboral entre o profesorado.
A dirección explica en privado que a falta de recursos é a que provoca a cancelación das actividades complementarias e esta situación tan tensa. Outras fontes recoñecen que, como en moitos colexios, non se compren as ratios pero que en Ventín hai presuntamente máis profesorado que o ano anterior.
Toda esta división entre familias e dirección do centro reflíctese nunha campaña aberta na plataforma Change.org que pide a dimisión da directiva e que leva máis de cen sinaturas en 24 horas. A petición fala de “mala praxe e procedementos inadecuados recoñecidos pola inspección (educativa)”.
Onte tiña lugar un Consello Escolar que anticipábase problemático. O tema debater o cambio dos libros de cuarto, libros que deben durar seis cursos e que só levan dous. Un novo madeiro para un caldeira que, polo que se ve, está a piques de rebentar.
