Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Pintadas contra ALTRI na Casa do Concello de Ames

ames-vandalismo-panalla-informativa-slide-14-novembro-2024-(2)_r

Bisbarra, 14 de novembro do 2024 – A pantalla informativa situada na entrada da Casa do Concello de Ames sufriu unha pintada contra a empresa ALTRI.

Os feitos producíronse na madrugado do pasado día 12 e afectaron a pantalla led da fachada da casa consistorial de Ames cunha pintada que poñía “ALTRI NON”. O concello denunciou a acción diante da Garda Civil do Milladoiro.

 Dende o goberno municipal condenan este acto incívico que suporá un gasto de 6.536,42 euros de fondos públicos da veciñanza de Ames. O alcalde vén de recibir a chamada de Marta Gontá, da Plataforma Ulloa Viva, que condena o acto vandálico.
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “O que estou seguro é que a xente seria que está en contra de Altri non se dedica a facer estes atentados contra os bens públicos, que teñen pouco de reivindicativo e moito menos aínda de serio e responsable. Xa está posta a correspondente denuncia e oxalá se saiba quen foi o autor da pintada para que este acto non quede impune”.

Por outra banda o rexedor, que só recibiu a chamada da voceira popular, Oliva Agra, bota de menos unha condena unánime do acto por parte de todos os grupos municipais pois “o fin nunca xustifica os medios”.

Dende o Concello de Ames puxéronse en contacto coa empresa encargada da instalación e mantemento das pantallas informativas municipais, para solicitarlle un presuposto para arranxar a pantalla danada. Dende a empresa estiman o arranxo en 6.536,42 euros. Indican que a pintura que recibiu o módulo danou a máscara onde están situados os píxeles, iso provoca unha perda total de contraste no contido reproducido. Moitos dos píxeles non se poden salvar e por custes compensa a substitución dos módulos que compoñen a pantalla.

Post navigation

Previous: Constituída a Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero en Dodro
Next: O concello de Dodro presenta o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón para estudantes

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.