займ срочно

Ames e Val do Dubra marcan unha axenda de traballo conxunta

0

Bisbarra, 21 de setembro do 2023 – O alcalde de Ames, Blas García, e o de Val do Dubra, Diego Díaz, abordaron a axenda de temas que afectan aos dous concellos e como afrontalos no futuro.

Na reunión, celebrada en Val do Dubra, participaron tamén a concelleira dubresa Celsa Oreiro e os concelleiros amesáns Susana Señorís e Gustavo Nieto. As estradas que unen aos concellos, o parque de bombeiros comarcal ou a xestión do turismo foron algúns dos temas tratados.

Blas García valorou de forma positiva a reunión pois entende que “Ames e Val do Dubra teñen un futuro en conxunto e hoxe trazamos os eixos que marcarán esta colaboración durante os próximos 4 anos”, mentres que Diego Díaz entende que a “a proximidade dos nosos concellos fai indispensable que manteñamos unhas boas relacións para o beneficio mutuo da veciñanza”.

Parque de bombeiros

A creación dun parque comarcal de Bombeiros que prestaría servizo a varios concellos, un proxecto que leva anos pendente e que consideran prioritario, García opina que “é un tema no que levamos moito tempo traballando e que temos que solucionar”. A este respecto, o alcalde de Val do Dubra, cualificou como prioridade a  reactivación do diálogo entre as distintas administracións implicadas, e dicir, o Concello de Santiago, o Consorcio Provincial de Bombeiros, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia para que a infraestrutura sexa realidade axiña.

Comunicacións

A mobilidade, tema capital para os municipios da área metropolitana de Santiago de Compostela foi un dos principais puntos da reunión, pois como apuntou García, “veciños de Santiago fan a súa vida nos distintos municipios da área metropolitana e veciños de Ames e Val do Dubra fan vida en Santiago. É necesario ofertar un servizo de calidade para que a xente opte por usar este tipo de trasporte público”. Díaz pola súa parte quixo salientar a necesidade de aumentar a frecuencia do transporte público metropolitano para que este se converta nun servizo real de calidade, “un servizo non ten que ser rendible, ten que facerlle máis fácil a vida da xente”.

Turismo

O turismo é un sector no que ambos alcaldes coinciden en que é necesario explotar de forma máis insistente, polo que neste mandato explorarán a viabilidade dun plan de turismo sustentable no que se tome como piar principal o río Tambre e que repercuta na hostalería e sector servizos da zona.

Entre outros temas tamén se falou da posibilidade de que ambos municipios compartan rede de saneamento nalgún punto da súa xeografía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies