займ срочно

 “A señora de Forcadela” no Milladoiro para reivindicar o Día da Muller

0

Bisbarra, 14 de marzo do 2023 – O concello de Ames programa para este venres, na Casa da Cultura do Milladoiro, “A señora de Forcadela” de Teatro Os Quinquillans.

“A señora de Forcadela” forma parte dos actos conmemorativos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A obra relata a historia de diversas mulleres represaliadas durante a Guerra Civil a partir da vida da mestra Josefa García Segret, detida no ano 1936 e condenada á pena de morte.

Grazas á axuda de dous doutores, que aseguraron que estaba embarazada, conmutóuselle a pena de morte por cadea perpetua, e, máis tarde, por unha condena de 6 anos e un día. En 1982, García Segret publicou un libro autobiográfico baixo o título “Abaixo as ditaduras”, que editou ela mesma, e no que relata as súas vivencias e a súa experiencia como reclusa.

A cita é ás 20:30 horas, e as entradas xa se poden reservar, de balde, a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Os Quinquilláns

Os Quinquilláns é unha compañía teatral que conta con máis de trinta anos de actividade teatral profesional ás súas costas, adaptada a todo tipo de espazos e eventos: auditorios, casas de cultura, montaxes de teatro de rúa, cabalgatas, entroidos… Dende o ano 2012 a compañía está especializada na creación de montaxes teatrais baseadas en feitos históricos para ser representadas en lugares emblemáticos e en celebracións de animación popular. Foi o grupo teatral que organizou a posta en escena das dúas edicións do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela, entre outras iniciativas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies