Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

Ames acollerá en outubro tres obras de teatro

O departamento de Cultura do Concello de Ames programa para o último trimestre do ano tres obras de teatro para o vindeiro mes de outubro.
ames-teatro-27-setembro-slide-2023-(3)_r

Bisbarra, 27 de setembro do 2023 – O departamento de Cultura do Concello de Ames programa para o último trimestre do ano tres obras de teatro para o vindeiro mes de outubro.

As obras de teatro subiranse aos escenarios do Milladoiro e Bertamiráns, e diríxense a distintos segmentos de público. As entradas xa se poden atopar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.  Baby Esferic, O auto do Castromil e Apaga o candil son as propostas para o vindeiro mes.A programación cultural terá continuidade ata finais de ano co festival de maxia, FestiMax, durante a última fin de semana de outubro, e co festival de cinema infantil e xuvenil, Cinema Miúdo, no mes de novembro”.

Programación familiar

A primeira das obras é Baby Esferic, de Aboon Teatre, presentarase o día 6 de outubro no auditorio do Milladoiro. Realizaranse dous pases, ás 18:00 e ás 19:00 horas. Trátase dunha representación enfocada a crianzas de entre 6 meses e 3 anos, un espectáculo innovador de linguaxe visual que busca espertar a imaxinación de grandes e pequenos.

Os espectadores gozarán dunha viaxe con simpáticos habitantes esféricos que lles amosarán a maxia da terra, a ritmo de bebé. Tras a representación, que dura arredor de 30 minutos, as familias poderán gozar de 15 minutos de interacción e xogo coas personaxes.

Baby Esferic encádrase dentro do programa Camiño Escena Norte, un programa interactivo e cultural a través das artes escénicas entre Galicia, Cantabria, Euskadi e Navarra, e que o Concello de Ames alberga xunto con outros municipios galegos.

Oferta para público adulto

O auto do castromil, de Producións Teatrais Excéntricas terá lugar ese mesmo 6 de outubro, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Trátase da obra, que foi merecedora do premio do III Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

A representación narra unha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Mentres os viaxeiros dormen, as maletas amotínanse, cobran vida e repasan a curiosa historia de Galicia. Empregando autos populares, combaten a amnesia colectiva, e contan a historia dun pobo que loita, é derrotado, que volve a levantar cabeza e que se rebela de novo. En definitiva, trátase dunha obra que emprega o humor e o espírito antroidesco para realizar unha viaxe pola Galicia inconsciente.

A última peza de teatro, Apaga o candil, é un espectáculo coproducido polo festival FIOT e por Contraproducións, e desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro o 20 de outubro, ás 20:30 horas. Nesta obra, o dramaturgo Cándido Pazó achega ao público unha figura clave da tradición popular: Carlos “O Xestal”, un contador, músico e activista. O tempo da ficción dramática sitúase no intre no que “O Xestal” se atopaba entre a vida e a morte, antes de falecer aos 59 anos. A peza toma como punto de inspiración estrutural e argumental os clásicos contos da visita da morte. A representación está financiada pola Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: Conversa con Gonzalo Muiños, voceiro socialista en Santiago
Next: Un roubo deixa sen luz ao velódromo de Vedra

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.