займ срочно

 “Non podo máis!” , nova estrea do Grupo Municipal de Teatro de Ames

0

Bisbarra, 31 de maio do 2023 – O grupo municipal de teatro de Ames presenta a obra “Non podo máis!”, nas Casa da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns.

“Non podo máis!” é unha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. A cita o 8 de xuño no Milladoiro e o 18 de xuño en Bertamiráns. No caso do Milladoiro a estrea será ás oito e media da tarde e no de Bertamiráns as seis. Os convites, que son de balde, pódense retirar xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Na peza o grupo porá sobre o escenario situacións recoñecibles, do día a día, onde a paciencia dos protagonistas será posta a proba. Como reaccionas cando alguén se cola diante de ti no supermercado? Ou que fas cando a túa filla adolescente se rebela e quere saír de botellón? Que camiño tomas cando vas a ese restaurante tan caro que che recomendaron e só che serve un prato baleiro chamado aroma de cocido?

“Non podo máis!” é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas. O elenco está conformado por Carmela Pardal, Chelo Cajide, Cris Botrán, Emilia Mayo, Gene Martínez, Ilduara García, Maite Fajardo, Mirela González, Mirella Vázquez e Pablo Núñez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies