Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O goberno de Ames leva a pleno o uso dun millón de euros do remanente para gasto xeral

ames-un-millon-gasto-xeral-slide-30-outubro-2024_r

Bisbarra, 30 de outubro do 2024 – O goberno municipal de Ames levará ao pleno ordinario de este xoves un suplemento de crédito de 1.020.373,59 euros que, no caso de ser aprobado, sairá do remanente de tesourería e destinarase a gastos xerais segundo a nota de prensa.

Non é o único asunto económico que se levará a este pleno xa que tamén se debaterá a aprobación do aumento da cantidade destinada a gratificacións, horas extraordinarias e horas complementarias para o exercicio 2024, quedando o importe global fixado en 339.986,80 euros.

Por outra banda tratarase a transferencia de créditos entre distintas áreas de gasto do orzamento municipal do exercicio 2024. O obxectivo desta operación é dispor de 60.000 euros de crédito para poñer en marcha unha nova campaña dos “Bonos Consuma”.

Outros temas

O pleno ten unha orde cargada de asuntos. Hai tamén dúas resolucións de contratos. Por unha banda o que regula o Servizo de Axuda no Fogar, SAF, que comezou a prestar servizo en abril do 2023 e tiña a posibilidade dunha prórroga por dous anos máis que agora se propón non ter en consideración e rematar o acordo vixente.

Tamén preténdese iniciar o expediente de liquidación do contrato de concesión do servizo público Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames, fixando en concepto de liquidación un saldo a favor do Concello de 815.180,82 euros por distintos conceptos. Veremos si, como sucede en moitas ocasións, a empresa está de acordo ou presenta alegacións a esa liquidación.

Tamén relacionado coa xestión da auga hai unha serie de cambios nas categorías laborais da empresa municipal creada para a xestión do servizo. O Consello de Administración de Augas de Ames, EPEL, quere introducir tres correccións que consisten en eliminar a referencia ao grupo profesional 5 do posto de xerente, dado que non é persoal laboral, senón persoal directivo asimilado a alto cargo; modificar a porcentaxe de xornada dun posto de auxiliar administrativo con grupo profesional nivel B, que pasa do 62,5% ao 100%; e modificar o grupo profesional do posto de xefe/a do servizo que pasa do grupo profesional 4 ao 6.

Ademais, tratarase a aprobación das novas cotas pola continuidade na prestación do servizo de recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos e asimilables coa Mancomunidade Serra do Barbanza, ao tratarse dun servizo básico e ata que o Concello de Ames estude a forma máis eficiente de prestación do servizo. Deste xeito, haberá que, se procede, aceptar as cotas provisionais emitidas pola Mancomunidade Serra do Barbanza mentres se siga a prestar o servizo, e cuxo importe mensual ascende a 243.677,03 euros. Debido a isto haberá que dotar de crédito no orzamento 2024 para facer fronte as cotas pendentes de liquidar para o exercicio 2024 por importe de 518.816,43 euros.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Post navigation

Previous: Onde están as luminarias?
Next: O máis lido de Lindeiros do 28 ao 31 de outubro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.