Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Constituída a asociación CE Ames Solar para avanzar na creación de comunidades enerxéticas

ames comunidade enerxetica 30 maio 2025

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca “que a constitución da asociación CE Ames Solar é o primeiro paso para a creación das comunidades enerxéticas do concello”

O Pazo da Peregrina acolleu a asemblea de constitución da asociación CE Ames Solar, unha ferramenta xurídica sen ánimo de lucro que regulará as comunidades enerxéticas de Ames. A forman 18 socios/as e unha xunta directiva moi diversa con membros de Trasmonte, Ames, Biduído e Tapia, entre outras parroquias.

Dentro da asociación hai membros de practicamente todas as parroquias de Ames. O concello pasa a formar parte da rede de municipios que apostan por este modelo enerxético. Frades, Melide ou outras como as de Xermade ou a Illa de Arousa traballan xa en este modelo..

A asemblea constituínte foi a que convocou ás asociacións veciñais e culturais do concello, xa que estas entidades teñen un contacto directo coa veciñanza. O obxectivo é facer participe á veciñanza das comunidades enerxéticas e dar a coñecer a creación da asociación CE Ames Solar. Na actualidade estase traballando na realización de seis proxectos que podes consultar premendo nesta ligazón.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destaca “que a constitución da asociación CE A mes Solar é moi importante porque é o primeiro paso para a creación e desenvolvemento das comunidades enerxéticas de Ames. Estamos traballando en seis proxectos de comunidades enerxéticas na ETAP de Lens, cemiterio municipal dos Batáns, edificio da escola de música en Aldea Nova, Casa da Cultura e pista de tenis do Milladoiro, parque infantil de Ortoño, e parque infantil de Piñeiro”.

Durante a reunión, presentáronse os estatutos, o plan de acción e as modalidades para a participación na comunidade enerxética. CE Ames Solar é un proxecto aberto, participativo e sostible que contribuirá a mellorar a calidade de vida no concello e á loita contra o cambio climático desde unha perspectiva local.

Antecedentes do proxecto

Este proxecto naceu no ano 2022, tras unha xuntanza en Bruxelas do alcalde, Blas García, co eurodeputado Nicolás González Casares, membro da comisión de enerxía, que trasladou ao Concello de Ames as claves a nivel local para abordar os retos enerxéticos en termos de eficiencia e aforro.

A iniciativa encádrase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado por fondos Next Xeración EU, a Deputación da Coruña e o Concello de Ames, que fixeron posible a creación da Oficina de Transformación Comunitaria de Ames en 2024. Desde entón, o equipo técnico realizou unha avaliación enerxética intensiva do municipio, identificando un potencial significativo para o desenvolvemento de enerxías renovables na zona.

Durante os últimos oito meses, realizáronse varias sesións informativas e obradoiros participativos en zonas urbanas e en diversas parroquias do municipio, así como noutros concellos, onde os veciños expresaron o seu interese en participar nesta iniciativa. Ademais, un estudo técnico preliminar identificou varias cubertas municipais que resultan óptimas para a instalación de paneis fotovoltaicos que poderían abastecer a un número significativo de vivendas da zona.

Que é unha Comunidade Enerxética?

As Comunidades Enerxéticas representan un novo modelo enerxético baseado na participación cidadá, onde os residentes poden producir, consumir, almacenar e compartir colectivamente enerxía renovable, democratizando o acceso á enerxía limpa e reducindo a dependencia das grandes compañías eléctricas.

As comunidades enerxéticas son un modo de aforrar na túa factura da luz ao mesmo tempo que se limita a pegada de carbono no concello, se impulsa a economía local mediante a creación de emprego verde e se gaña autonomía enerxética para o territorio e se avanza na participación cidadá directa na transición enerxética.

Post navigation

Previous: Touro rehabilitará os baños de Brandelos
Next: A Baña aproba o plan estratéxico de subvencións

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.