займ срочно

Ames presenta un sistema de detección de inundacións en Bertamiráns

0

Bisbarra, 30 de marzo do 2023 – O concello de Ames ven de presentar un sistema de detección de inundacións para Bertamiráns, instalado no paseo fluvial do Rego dos Pasos.  

A instalación de detección de inundacións conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames.

Na instalación deste sistema realizouse un investimento total de 11.555,50 euros (IVE incluído) e permitirá dispor dunha monitorización do nivel do caudal en tempo real para tratar de evitar enchentes.

No acto de presentación interviron o concelleiro da unidade executora da EDUSI encargado deste proxecto, Manuel Lens; o xerente de Prointega Ingeniería SL, Fernando Lema; e mailo alcalde de Ames, Blas García.

Manuel Lens dixo que “esta estación de aforo é un innovador sistema de detección temperá de inundacións que nos permitirá coñecer, a tempo real, o nivel de caudal do río. Esa información será de vital importancia, xa que será a que nos guíe á hora de tomar decisións, e daranos un tempo precioso e moi valioso para anticiparnos e implementar as medidas necesarias para que as cidadás e os cidadáns de Bertamiráns no sufran molestias; para que as infraestruturas non se danen; e para que os inmobles non acumulen danos causados pola auga, ano tras ano”.

Por outra banda, o xerente de Prointega Ingeniería SL, Fernando Lema, explicou que “o sistema consiste nun sensor de nivel que transmite os seus datos a un rexistrador, que a través dunha comunicación GSM os envía aos nosos teléfonos ou ordenadores. Componse dun panel solar e unha batería que lle permite ter autonomía. Notifícanos as variacións de nivel superiores a quince centímetros en 30 minutos, ou calquera nivel superior a un metro e medio. Con iso podemos adiantarnos a calquera continxencia que poida ocorrer”.

O proxecto céntrase na prevención

Pechou a quenda de intervencións o alcalde de Ames, Blas García. Dixo que “esta é unha das actuación cun dos importes máis baixos incluídas na EDUSI Impulsa Ames. Aínda así é un das actuacións máis importantes. Os que sodes de Bertamiráns dende sempre e os que pasábamos por aquí recordamos as famosas inundacións que se producían aquí. Afortunadamente solucionouse este problema coa construción do paseo fluvial de Bertamiráns que ademais lle dá moita vida a esta localidade”. 

O rexedor municipal engadiu “o proxecto céntrase na prevención. En intentar anticiparnos ao que vai pasar, de aproveitar a última tecnoloxía, sustentable e respectuosa co ambiente, para actuar sobre el sen danalo, pero ao mesmo tempo protexendo as persoas e os bens materiais dos seus posibles efectos adversos. Con esta estación de monitorización de nivel e todos os seus equipos, que nos acaban de explicar, a sonda radar, os sensores, o sistema de comunicación, a carga solar autónoma para a súa alimentación…, disporemos de información a tempo real para saber como actuar, para anticiparnos e tomar as medidas axeitadas ante o risco de enchente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies