Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Exixen unha mellor sinalización nas obras do Milladoiro en Ames

ames pp obras milladoiro 1 outubro 2025 (4)

O Partido Popular de Ames presentou este luns un escrito reiterando unha petición do pasado mes de abril na que xa demandaba esa mellor sinalización das obras do Milladoiro.


Que as obras son sempre un problema en moitos sentidos, aínda que poidan ser necesarias, é algo que todo o mundo sabe. Sinalizar ben os lugares onde se levan a cabo para evitar tropezos e accidente debería ser algo habitual.

O Partido Popular de Ames presentaba un escrito hai cinco meses pedindo precisamente que as obras na N-550 ao seu paso polo Milladoiro, na avenida Rosalía de Castro, foran sinalizadas. Este luns presentaban un novo escrito pedindo o mesmo.

Os populares indican que non teñen constancia de que “durante todo este tempo se levase a cabo ningunha reorganización das sinalizacións téndose producido numerosos problemas algúns deles hai só uns días”.

Insisten nas súas demandas e exixen que se leven a cabo as tarefas necesarias e adecuación das obras do MIlladoiro para garantir a seguridades de peóns e condutores antes de que se produza unha desgracia. Oliva Agra, voceira do PP, xa firmara un escrito no Concello con data 2 de abril no que solicitaba que se sinalizaran de forma axeitada os tramos nos que se están levando a cabo obras co fin de garantir a maior seguridade posible das persoas usuarias da vía.

Nese mesmo escrito os populares amienses pedían que se levaran a cabo de xeito puntual controis de velocidade na avenida do Muíño Vello e na Rúa do Rego.

A resposta por parte do goberno municipal segundo o PP “deixou todas estas peticións no aire. Por unha banda explicou que ía dar traslado á empresa que realiza as obras a petición da mellora da sinalización e por outro lado aclaraba que os controis de velocidade xa se estaban a realizar de xeito habitual co radar municipal en distintos puntos das zonas urbanas”.

Desde aquela din os populares que “xa pasaron case cinco meses. E o PP volve insistir con un novo escrito presentado este luns, 29 de setembro, despois dos dous últimos accidentes no Milladoiro nos que un home de 67 anos resultou ferido ó caer coa súa moto na avenida Rosalía de Castro, afectada polas obras de humanización que dende hai case un ano executa o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible”.

O motorista circulaba cara a Santiago cando caeu e tivo que ser trasladado en ambulancia ó hospital Clínico de Santiago. O accidente, segundo a familia do afectado, veciño de Bastavales, estivo provocado polo desnivel existente na calzada a causa das obras.

Días antes produciuse  o atropelo de dous cans por parte dun condutor que fuxiu cando cruzaban coa súa dona pola mesma N-550 nun paso de peóns sen semáforo. Un dos animais morreu alí mesmo e o outro resultou ferido. A muller que os levaba foi vítima dun ataque de ansiedade.

Post navigation

Previous: Santiago comeza a cobrar a taxa turística
Next: Encantos en Compostela, a maxia da maxia

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.