Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Este xoves comeza Cinema Miúdo en Ames

ames-cinema-mudo-slide-7-novembro-2024-(1)_r

Bisbarra, 12 de novembro do 2024 – Chega a sétima edición do festival internacional de cinema infantil de Ames, máis coñecido por Cinema Miúdo.

Dende o 14 ata o 17 de novembro, as Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns transformaranse no epicentro do cinema infantil coa celebración do Festival Internacional de Cinema Miúdo. Durante catro días, nenos e nenas de todas as idades poderán gozar dunha programación moi coidada de curtametraxes, talleres, e actividades especiais.

Este ano o lema de Cinema Miúdo é “As orixes do Cinema”. Unha viaxe pola historia da sétima arte, desde os clásicos do cinema mudo ata as animacións máis contemporáneas. Nas sesións Pioneiros da Animación e Pioneiros da Comedia, novidade deste ano, poderase gozar dos enxeñosos gags de Chaplin, Lloyd e Keaton, e marabillarnos coas técnicas de animación máis rudimentarias e innovadoras.

Como novidade nesta edición daranse dous novos premios: un premio escolar, que levará a curta máis aplaudida durante as proxeccións que se fagan nas sesións escolares, e mailo premio Miguel López, O Hematocrítico, que será para aquela curta que teña unha relación directa coa literatura infantil. Miguel López foi membro do xurado na edición anterior de Cinema Miúdo.

As entradas e abonos xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O abono para todo o festival ten un prezo de 3 euros

Presentación

Na presentación estiveron o alcalde de Ames, Blas García; a deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade, Carmen Porto; o director do festival Cinema Miúdo, Juan de Castro; e maila técnica municipal do departamento de Cultura, María Vázquez.

Blas García, destacou que “este festival ten o obxectivo de traballar cos nenos e nenas uns valores, que tamén traballades no colexio, e que son moi importantes que adquirades. Tamén quero facer unha mención para Miguel López, O Hematocrítico, xa que se vai entregar un premio a aquela curta que teña relación coa literatura infantil”.

A deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, explicou que “dende a Deputación da Coruña colaboramos con este festival porque nos parece moi importante achegar o audiovisual aos máis pequenos. Xa imos pola sétima edición e Cinema Miúdo converteuse nun festival referente. Está creado para os nenos e nenas de Ames e de toda Galicia, co obxectivo de vos acheguedes ao mundo do cine e para coñecer un montón de historias que se contan a través das curtas que se proxectan neste festival”.

O director do festival Cinema Miúdo, Juan de Castro, dirixiuse aos nenos e nenas e díxolles “recoméndovos vir a Cinema Miúdo porque nesta edición imos a poñer máis de 70 curtametraxes. Este festival é dos máis importantes de España, porque temos moitas curtametraxes que se van estrearse aquí en Ames. Ides ser dos primeiros nenos e nenas que van ver moitas das curtametraxes que se van proxectar aquí”.

Selección oficial e xurado

O centro da programación é a Selección Oficial, formada por 52 curtametraxes das cales 7 serán proxectadas por primeira vez en España e outras 14 son primicia en Galicia. A selección de curtametraxes, procedentes de diversos países, está dividida en dous bloques: Axóuxeres, para nenas e nenos de entre 2 e 7 anos; e Buxainas, para maiores de 7. Tamén haberá sesións especiais para escolares o xoves e venres pola mañá.

Todas as curtametraxes aspiran a alzarse cos premios do público e do xurado. No primeiro caso serán os pequenos espectadores os que emitan o seu veredicto ao remate de cada sesión. Para o segundo cóntase con tres profesionais do sector: o ilustrador de cómics e director de animación, Martín Romero; a directora e animadora portuguesa de filmes de animación, Alexandra Ramires; e o director da editorial infantil OQO, Xoán Couto.

A película destacada deste ano, ¡Linda quiere pollo!, é unha emotiva historia sobre o vínculo entre unha nai e a súa filla. Esta xoia da animación, co seu estilo visual único e a súa sensibilidade, promete cativar a grandes e pequenos.

A Máquina Fantástica, obradoiro de fotografía analóxica

O obradoiro A Máquina do Fantástica convida ás nenas e nenos de Ames a explorar as orixes da fotografía. O taller terá lugar o sábado 16 na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo 17 na Casa da Cultura do Milladoiro, ambos a partir das 10:30 horas. As prazas son moi limitadas e é preciso formalizar a inscrición a través do correo electrónico actividades@abella.gal, indicando nome, ideade e teléfono de contacto.

O taller ofrece aos participantes a oportunidade de crear de maneira sinxela e artesanal a súa propia cámara fotográfica estenopeica. Unha estenopeica é unha cámara fotográfica sen lente, que consiste nunha caixa estanca á luz cun pequeno orificio por onde entra a luz, o estenopo, e un anaco de película no que se plasmará a imaxe.

A través desta experiencia práctica, os nenos aprenderán como a luz pode transformarse en imaxes dentro dunha caixa escura e como fixar esas imaxes en papel fotográfico utilizando técnicas clásicas de revelado. Ao finalizar a actividade, cada participante poderá levar á casa a súa primeira fotografía revelada como recordo tanxible da súa aventura creativa.

Actuación de Rudi Dudi e concerto interactivo de Caspervek

Ademais de cine, contarase con dúas actuacións nas galas de inauguración e clausura do certame. A inauguración, o venres 15, a partir das 17:00 horas, estará amenizada por Rudi Dudi e o seu espectáculo de comedia xestual.

Na clausura, o domingo 17, ás 18:30 horas, contarase cun dúo musical moi cinéfilo: Caspervek, que nos levará nunha viaxe pola historia da música no cinema a través dun concerto didáctico e interactivo.

Na primeira parte do espectáculo explicarán de xeito práctico a importancia das bandas sonoras, convidando aos asistentes a participar na creación dunha peza. A continuación musicalizarán en directo a mediometraxe, Unha semana, de Buster Keaton, o gran xenio da comedia física.

O Peliculón: ¡Linda quiere pollo!

O filme francés ¡Linda quiere pollo! está considerada unha das mellores películas de animación dos últimos anos e foi gañadora do Premio Césa a mellor Filme de Animación (o equivalente ao Goya no país veciño). Cun estilo e animación áxiles e animados, Chiara Malta e Sébastien Laudenbach son quen de debuxar un océano de sentimentos a partir dunhas poucas pinceladas de cor, conseguindo transmitir e crear un fermoso vínculo nai-fila.

Post navigation

Previous: A Banda de Música de Padrón presenta a nova tempada baixo o lema ‘Celebrar’
Next: Negreira demanda á Xunta colaboración enmateria sanitaria, educación e infraestruturas

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.