Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

VIII Ames Jazz

ames jazz SLIDE 6 xunho 2025 (2)

O Pazo da Peregrina acollerá os vindeiros días 4 e 5 de xullo unha nova edición do Ames Jazz traendo como cabezas de cartel a Álvaro Vieito e Yago Vázquez.

Os vindeiros días 4 e 5 de xullo, o Pazo da Peregrina acollerá a VIII edición do festival Ames Jazz cunha programación que inclúe os concertos de Álvaro Vieito e Yago Vázquez, ambos os dous en formato trío.

Por outra banda o festival contará, por primeira vez, cunha sesión vermú, no local O Transistor, a cargo de Gloria Pavía e Rafa Morales. O Ames jazz organizara ademais o faladoiro “A situación do jazz e da música galega”.

O festival presentouse no propio Pazo da Peregrina, e asistiron o alcalde de Ames e concelleiro de Cultura, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o director artístico do Ames Jazz, Xacobe Martínez; a produtora do festival, Inés Portela, e os dous artistas que actuarán na sesión vermú do sábado, Gloria Pavía e Rafa Morales.

A técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, destacou que “xa é a oitava edición do Ames Jazz e contamos cunha programación con criterio e visión de futuro. Dentro do departamento estamos dando cabida a un montón de disciplinas artísticas e, dentro da música, intentamos ofertar propostas de distintos estilos musicais”.

Pola súa banda, o director artístico do festival, Xacobe Martínez, subliñou que “levamos con moito orgullo este proxecto, sobre todo porque vemos que ano a ano o público vai medrando. É unha cita que, sen dúbida, forma parte da dos festivais referencia no ámbito do jazz”.

Na mesma liña, explicou que “este ano contamos con dous músicos galegos de primeirísimo nivel internacional e que estarán acompañados cada un dos seus tríos titulares, cos que gravan e actúan habitualmente”.

Programación do Ames Jazz 2025

O festival dará comezo o venres, día 4, ás 22.00 horas, co concerto de Álvaro Vieito, guitarrista galego afincado en Sevilla dende hai moitos anos e que, a día de hoxe, é todo un referente no mundo do Jazz dentro e fóra da nosa comunidade. O artista está a presentar o seu novo proxecto en formato de trío, no que o público poderá gozar dunha experiencia íntima e

A xornada do sábado comezará a partir das 13.00 horas, coa sesión vermú a cargo do dúo formado pola cantante Gloria Pavía e o baixista Rafa Morales que terá lugar en O Transistor. No seu concerto, interpretarán temas propios pero tamén versionarán outros temas clásicos baixo o seu selo persoal.

Xa pola tarde, ás 20.00 horas, haberá un faladoiro no que se debaterá e falará da situación actual do jazz e da música galega. Estará presentado pola xornalista Ana González, xornalista musical de Praza.gal, e que contará coa participación de; Marta Gómez, xornalista da TVG especializada no sector cultural; Manuel Gutiérrez, pianista de Jazz; e Ánxeles Porto, propietaria do pub de Jazz Borriquita de Belém.

O Ames Jazz poñerá o seu peche final ás 22.00 horas co concerto de Yago Vázquez, pianista vigués que actualmente reside en Nova York e forma parte da primeira fila no mundo do Jazz a nivel internacional. O artista está a presentar o seu novo proxecto, tamén en formato trío, no que deleitará ao público coas súas últimas composicións. 

Así mesmo, volverase a contar, un ano máis, cun servizo de barra de bar durante os dous días que se celebre o encontro musical. En caso de previsión meteorolóxica adversa, tanto os concertos como o faladoiro terán lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Post navigation

Previous: Eólicos sobre eólicos na Estrada
Next: Melide aproba a Conta Xeral do 2024

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.