займ срочно

Ames celebra a V Semana Europea da Mobilidade do 16 ao 22 de setembro

0

Bisbarra, 11 de setembro do 2023 – A quinta edición da Semana Europea da Mobilidade, na que participa anualmente o concello de Ames, celebrarase do 16 ao 22 de setembro próximos.

A semana da mobilidade ten como obxecto debater e promover a utilización dunha mobilidade sostible, o uso do transporte público e de medios máis limpos e intelixentes. Con esta finalidade o programa inclúe andainas, xogos, coloquios, mostras e marchas ciclistas.

Este ano o lema será “Combina e móvete!” e a temática será a eficiencia enerxética. O alcalde de Ames, Blas García, recorda a importancia das obras que o Concello está a realizar en Bertamiráns e que tamén se levarán a cabo na N-550 no Milladoiro, exemplo de aposta pola mobilidade sostible no entorno urbano.

García explica que “As cidades son espazos que deben ser transitados máis pola xente que polos coches, o modelo debe cambiar” e engade que “é responsabilidade dos gobernante crear espazos amables, seguros e saudables”.

A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha campaña que leva a cabo dende o ano 2002 a Comisión Europea, co fin de promover unha mobilidade urbana sostible, animando ao cambio de hábitos a prol da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes. Ata o momento, case 3.000 concellos europeos se sumaron á campaña deste ano.

Programa da “V Semana da Mobilidade”

O Concello de Ames organizará tres xornadas de actividades e calquera que o desexe poderá inscribirse no correo mobilidade@concellodeames.gal

– Sábado, 16: Xogos sobre rodas

Esta actividade está pensada para rapazada a partir dos 4 anos, dende as 17:00 horas ás 20:00 horas, no aparcadoiro de Agriños (en fronte a E.E.I do Milladoiro).

– Domingo, 17: “Andaina pola senda verde que une O Milladoiro e Bertamiráns”

Saída as 10:00 horas dende a Igrexa de San Xosé do Milladoiro. A veciñanza terá a súa disposición un bus para levar ás persoas de Bertamiráns a Milladoiro e, unha vez remate a actividade, este mesmo bus levará as persoas que o desexen de volta a Milladoiro

– Venres, 22: Marcha ciclista nocturna dende a Praza do Concello.

Esta marcha nocturna en bicicleta é a actividade tradicionalmente máis popular  e que máis lle gusta á rapazada. Tratarase dun percorrido sinxelo e ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia poida sumarse. Sairase as 22:00 horas da Praza do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies