Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ames
  • Axenda

Milladoiro Santiago pola Prevención do Dano Cerebral

Celébrase a I Marcha Prevención do Dano Cerebral que discorre entre O Milladoiro e Santiago de Compostela

smes marcha milladoiro santiago prevencion dano cerebral 21 outubro 2026

Ames, 22/10/2026 – A Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela organizan este vindeiro sábado 24, a primeira edición da Marcha Prevención do Dano Cerebral, na que cada donativo será unha axuda real para que a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela poida ampliar as súas instalacións.

Nesta iniciativa solidaria colaboran os Concellos de Ames e Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña. A andaina discorrerá entre O Milladoiro e Santiago de Compostela. A ruta transcorre maioritariamente por terreo chan ou con lixeira pendente descendente.

Os organizadores recomendan levar calzado cómodo para terreos irregulares, xa que pode haber algúns tramos húmidos. As inscricións poden tramitarse ata o 23 de outubro. Premendo nesta ligazón podes acceder á páxina web onde realizar as inscricións.

Cada paso conta

Cada persoa importa. Con este lema organízase a I Marcha de Prevención do Dano Cerebral, unha andaina popular e solidaria que percorrerá 4,9 quilómetros dende o Centro Multifuncional do Milladoiro, na rúa O Muíño Vello, ata a sede da Asociación de Dano Cerebral Compostela, situada na zona do Castiñeiriño – Restollal. Esta iniciativa realizarase o sábado, 24 de outubro de 2026, desde as 10:00 horas. As inscricións poden tramitarse ata o venres 23 de outubro.

O punto máis alto da ruta está situado preto do inicio, no Milladoiro; a partir de aí, a ruta transcorre maioritariamente por terreo chan ou con lixeira pendente descendente. Os organizadores recomendan levar calzado cómodo para terreos irregulares, xa que pode haber algúns tramos húmidos.

Trátase dunha actividade apta para tódalas idades, dende os nenos/as ata as persoas maiores, e que se desenvolverá nun ambiente festivo, non competitivo, no que o primordial é camiñar por unha causa solidaria.

Custo e destino dos fondos recadados

A participación na andaina custa 8 euros, o que inclúe a inscrición, o seguro de accidentes e unha doazón para a causa. Os nenos menores de 14 anos participan de balde. Tamén hai unha opción de inscrición solidaria na fila 0, por 3 euros, pensada para aqueles que queiran colaborar sen participar de xeito presencial na marcha.

A inscrición e pago pódese realizar a través da web da marcha ata o vindeiro venres 23 de outubro. Unha vez descontados os custos do seguro e da inscrición, a totalidade do importe restante será doada integramente á Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Como mostra de agradecemento pola participación, sortearanse tres premios simbólicos, doados por empresas colaboradoras do parque empresarial do Milladoiro, entre elas Clínica Fisioterapia Laura Míguez, Pan de Leis e Unit 365. Ademais, ao remate da andaina, poderase asistir a un mercadillo composto por produtos realizados polos pacientes da Asociación Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Importancia da participación cidadá

Desde os Concellos participantes e dende a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela, animan a tódalas persoas a participar, e lembran que a lesión cerebral adquirida (LEA) pode producirse de tres xeitos principais: accidente cerebrovascular, parada cardíaca (debido a anoxia cerebral, é dicir, falta de osíxeno no cerebro) e lesións cerebrais traumáticas derivadas de accidentes.

Apuntan que, en calquera destes tres casos, trátase de acontecementos repentinos que poden afectar a calquera persoa, en calquera momento da vida e sen previo aviso. Isto fai que a prevención e o apoio ás persoas que a sofren sexan un asunto que pertence a toda a sociedade, non só ás persoas afectadas ou ás súas familias.

Post navigation

Previous: Melloras no entorno da Pedra do Home
Next: A ameaza do eucalipto segue viva

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.