Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Rompen os vidros da pista de pádel do Milladoiro, en Ames

pista padel milladoiro2

O Concello condena o acto vandálico e o púxo en coñecemento da Garda Civil do Milladoiro para presentar a correspondente denuncia.


O coidado do público é algo que nos corresponde a todos porque de todos son as infraestruturas deportivas que cada concello ten. A rotura dos vidros da pista de padel do Milladoiro, en Ames, por descoñecidos supón un gasto pero ademais un prexuizo para a veciñanza.

Os feitos sucederon durante a pasada fin de semana. Algunha persoa incívica ou grupo de persoas lanzaron pedras contra os vidros da pista municipal de pádel do Milladoiro provocando a rotura de ditos cristais. Un acto que se puxo en coñecemento da Garda Civil do Milladoiro para presentar denuncia.

Dende o goberno municipal condenan este acto incívico que suporá un gasto de 1.900 euros de fondos públicos de todos os veciños e veciñas de Ames. Debido a este incidente a pista de pádel estará fóra de servizo ata que se poida arranxar.

A pista está situada na zona norte do Milladoiro, nunha parcela que se atopa entre as rúas do Muíño Vello e do Buxo. O Concello de Ames conta con tres pistas municipais de pádel: no Milladoiro, Bertamiráns e na urbanización de Aldea Nova.

O lanzamento de pedras provocou a rotura de dous cristais da pista, deixándoa fóra de servizo dende este pasado luns 3 de novembro. Tralo incidente foi sinalizado con cintas por parte da Policía local para evitar danos por parte de persoas que pasen pola zona.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “é responsabilidade de todos e todas coidar as nosas instalacións deportivas municipais. Ante este acto vandálico faise un chamamento ao civismo e pídese facer un bo uso de ditas instalacións. Vaise a poñer a correspondente denuncia e oxalá se saiba quen foi o autor ou autores deste acto vandálico para que non quede impune”.

Post navigation

Previous: Melloras na seguridade viaria de Berreo en Trazo
Next: Touro oculto, un patrimonio por descubrir

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.