займ срочно

Retrasos e danos polo tempo nos novos vestiarios de Tapia en Ames

0

Bisbarra, 10 de xaneiro do 2023 – Os traballos de remodelación dos vestiarios da area recreativa de Tapia, en Ames, sufriron os efectos do mal tempo que provocou a caída de parte do teito.

O Partido Popular denuncia que a obra de Tapia tiña que estar rematada en decembro e ese retraso foi, en parte, a causa dos danos.  A reforma dos teitos, tanto dos vestiarios como do muíño, foron adxudicados por un importe de máis de 127.000 euros.

Os populares amienses lembran que a licitación foi en marzo pero a adxudicación foi no mes de xuño, cando xa estaban abertas as instalacións. O prazo de execución das mesmas era de dous meses pero tiveron que comezar en outubro polo que, en calquera caso, terían que estar rematadas en decembro pasado.

Para o Partido Popular “A nova estrutura de madeira viuse afectada as choivas e parte  da cuberta desprendeuse, algo que podería evitarse de executarse en tempo a obra. Pero pedirlle a este goberno local que faga unha obra dentro do prazo parece xa algo imposible”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies