Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública cambia a adxudicación do SAF de Ames

O Tribunal de Contratación Pública ven de resolver o recurso presentado pola adxudicación do servizo de axuda no fogar, SAF, de Ames
ames-plano-saf-slide-25-marzo-2021_r

Bisbarra, 5 de xaneiro do 2023 – O Tribunal Administrativo de Contratación Pública ven de resolver o recurso presentado pola adxudicación do servizo de axuda no fogar, SAF, de Ames cambiando o adxudicatario.

Como contamos no mes de outubro (ver nova aquí) a empresa que quedara en segundo lugar levou a adxudicación ao Tribunal. Agora o organismo público considera que a adxudicación do SAF deixou fora a empresa recorrente “sen argumentos relevantes” e outórgalle o contrato.

Casa consistorial de Ames

O desvelaba nunha nota de prensa o Partido Popular de Ames que acusa ao goberno local de actuar de forma pouco transparente. Os populares lembran ademais que a resolución demostra que as decisións tomada polo goberno local as costas do pleno, e aprobadas posteriormente nunha sesión extraordinaria, eran erróneas.

O contrato do SAF ten un valor estimado de oito millóns de euros. A resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública considera que o goberno local non puido acreditar con “relevancia acreditada” os motivos polos que excluíu a empresa.

Nas razóns máis técnica a resolucion explica que se os pregos establecen que “un servizo é de similar natureza sempre que coincidan os dous primeiros díxitos dos seus respectivos códigos CPV (sistema de identificación e categorización de todas as actividades económicas), dita similitude debe ser aceptada e, en consecuencia, o servizo en cuestión alegado pola empresa recorrente (servizo realizado para a Axencia Pública Andaluza de Educación) debe considerarse similar ao licitado”. O Tribunal considera devandito servizo válido aos efectos de acreditar a solvencia técnica do recorrente. 

Na resolución o Tribunal tamén explica que “Utilizar meros defectos formais ou non substanciais para negar a solvencia técnica e profesional da empresa e non permitirlle emendar tales defectos advertidos é unha vulneración dos dereitos do licitador”.

O PP de Ames considera o proceder do goberno local discrecional e discriminatoria “algo que empeza a ser bastante preocupante para todos menos para quen están dispostos a levantar a man á voz do seu amo sen preocuparse o máis mínimo polas consecuencias que poden ocasionar os seus actos ao Concello de Ames”.

Post navigation

Previous: Piden a modificación da lei para evitar conflitos como o da gasolineira de Brandia
Next: Dodro remata a sinalización do roteiro “Pensa Nao”

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.