займ срочно

Ramón García Argibay, voceiro do PP de Ames, deixa a política por motivos persoais

0

Ames, 1 de outubro do 2021 – Este xoves renunciou á acta de concelleiro o actual voceiro do Partido Popuñar de Ames Ramón García Argibay e aproveitou o pleno municipal para dar a coñecer a decisión.

García Argibay comunicara a súa decisión de abandonar a primeira liña da política municipal á dirección provincial do Partido Popular. Según explicou os motivos son persoais “É o momento de deixar paso a outras persoas que veñen con toda a ilusión e as ganas do mundo. Toca abrir unha nova etapa no Partido Popular de Ames que debe terminar coa consecución da alcaldía na próxima cita electoral”.

Pola súa banda, o novo secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, que estivo acompañado polo vicesecretario territorial, Ovidio Rodeiro, e  a coordinadora de participación provincial, María González, na última reunión do PP de Ames, aproveitou a oportunidade para agradecer o “compromiso e o esforzo” mostrado por Argibay á fronte da formación no Concello de Ames, do que quixo resaltar a súa “xenerosidade e a súa lealdade” desde o primeiro ata o último día.

Nova etapa

Confirmada a renuncia, Ben sinalou que a a dirección da súa formación traballa xa para construír un equipo no que terán cabida todas aquelas persoas do centro-dereita que queiran achegar o seu granito de area para conformar unha candidatura “integradora, con capacidade para estar á beira dos veciños e, sobre todo, preparada para converterse nunha opción segura para os vecinos de Ames. No noso partido ten cabida todo o mundo que teña ganas de sumar, de aportar ideas e de traballar codo con codo para mellorar a vida da xente do Concello”.

Neste sentido, o secretario xeral lembrou que as etapas de máis prosperidade e desenvolvemento do municipio leváronse a cabo sempre baixo o paragüas dos gobernos do PP. “Temos tempo máis que suficiente para prepararnos e traballar duro. Demostramos outras veces que somos a mellor alternativa para os veciños de Ames e volverémolo a lograr nas próximas municipais”.

Traxectoria

Ramón García Argibay militou sempre no Partido Popular ata o ano 2013. Despois de gañar, con Santiago Amor de cabeza de lista, as eleccións de 2011 converteuse en Primeiro Tenente de alcalde. No 2013 as diferencias con Amor levárono a fundar a súa propia formación, baixo a marca Pacto x Ames, coa que se presentaría aos comicios do 2015 conseguindo tres concelleiros.

Cinco anos despois da fundación de Pacto x Ames, Argibay anunciou un acordo para volver ao Partido Popular e ser cabeza de lista nas eleccións do 2019. Conseguiu seis concellarías, sendo o segundo partido máis votado tras o PSdeG, e sentándose na bancada da oposición ata o día de hoxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies