Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Piden que se recupere o trazado orixinal do Camiño de Santiago a Fisterra

O BNG de Ames pide recuperar o trazado histórico do Camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa

bng ames recuperar trazado caminho 24 xaneiro 2026 (2)

Xa hai tempo que a veciñanza do lugar de Ventosa na parroquia de Covas, en Ames, ven poñendo de manifesto que o trazado actual do Camiño de Santiago a Fisterra non coincide co percorrido tradicional que, segundo a memoria popular e testemuños de persoas maiores da parroquia, discorría por outro lugar diferente ao actual.

Este antigo camiño, ademais de ter maior valor patrimonial, evita o paso pola estrada principal, onde no núcleo de Ventosa atopase un punto especialmente problemático e perigoso para as persoas que fan a ruta a pé que teñen que atravesar a estrada AC-453, sen ningún paso de peóns nin ningunha outra medida que garanta a seguridade nunha zona de escasa visibilidade situada entre dúas curvas.

O BNG de Ames levará ao vindeiro pleno esta cuestión xa que consideran que “o Concello de Ames, en colaboración coa veciñanza, asociacións da zona e entidades relacionadas co Camiño, recompile información sobre o trazado histórico orixinal, valore a súa viabilidade como alternativa máis segura, e proceda á súa sinalización e ó seu mantemento así como á promoción e difusión como opción preferente do Camiño de Santiago a Fisterra ao seu paso entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa”.

Recargo do IBI

Escarlata Pampín, voceira nacionalista, anticipa que tamén levarán ao pleno unha moción para regular un recargo no IBI para as vivendas desocupadas con carácter permanente. Pampín destaca que “o incremento desproporcionado do prezo da vivenda, tanto nos prezos de compra como de alugueiro, está a provocar un fenómeno de expulsión, onde moitas veciñas e veciños se ven obrigados a abandonar o noso concello na procura de alternativas habitacionais noutras localidades”.

Para o BNG resulta socialmente inaceptable que, mentres existe unha demanda crecente sen atender, o  parque inmobiliario conte con vivendas desocupadas de xeito permanente. Esta situación, especialmente cando se trata de grandes tenedores, supón un uso ineficiente do solo urbano, un freo ao desenvolvemento social e económico de Ames e, sobre todo, un incumprimento da función social da propiedade.

“Propoñemos que se entenda como vivenda desocupada aquela que permaneza nesta situación de forma continuada e sen causa xustificada por un prazo superior a dous anos e que pertenza a titulares de catro ou máis inmobles de uso residencial, tamén propoñemos quen non se aplique  o recargo en casos de: traslado temporal por razóns laborais ou formativas, situación de dependencia ou saúde, vivendas obxecto de litixio, rehabilitación en curso, ou vivendas á venda (máximo 1 ano) ou alugueiro (máximo 6 meses) a prezos de mercado”, sinala a voceira nacionalista.

Post navigation

Previous: Mohamed Safa fala do xenocidio palestino nos Luns do Ateneo
Next: Ribeira presenta o festival de murgas e comparsas do Entroido

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.